👆 PULSAR EN LA IMAGEN PARA VER EL LIBRO
O texto organízase en 4 unidades didácticas: * I. Materiais terrestres * II. Dinámica terrestre * III. Historia da Terra * IV. Xeoloxía aplicada Cada unidade consta de tres temas que se inician cunha breve introdución, seguida dos contidos específicos e finalizan con cuestións e exercicios. Ao final de cada unidade proponse a lectura e comentario de textos relacionados coa Historia da Xeoloxía e outras actividades de aplicación. Os contidos teñen un enfoque eminentemente práctico, dado o carácter de Ciencia aplicada da Xeoloxía. O libro que se presenta está baseado en fontes bibliográficas actualizadas e é o resultado dunha laboriosa e selectiva recompilación cun enfoque axeitado a aqueles aos que vai dirixido. Os contidos explícanse partindo da idea intuitiva que ten o alumnado e chegando até a formulación rigorosa de todos os conceptos que se dan a coñecer.