1. ¿Onde irás, boi, que non ares?
  2. Sempre vai a lingua a onde doe a moa
  3. ¿Onde vas Vicente? – Onde vai a xente
  4. Quen lle pon o cascabel ao gato?
  5. Un día é un día e un peso gastouse
  6. Esquece a quen te esquece, que ben cho merece
  7. Comer e beber, e pete á porta quen despois viñer
  8. Obra acabada, diñeiro agarda
  9. A voda e a bautizado non vaias sen ser chamado
  10. A bo entendedor, poucas palabras bastan
  11. A bo capelán, bo sancristán
  12. A boa fame non hai pan duro.
  13. A máis servir, menos valer
  14. Para o moito sono non hai xergón duro
  15. ¡A boa hora, mangas verdes!
  16. A boi vello, chocallo novo
  17. A burro morto, cebada ao rabo
  18. A cabaleiro novo, cabalo vello
  19. A cabalo novo, cabaleiro vello
  20. A(o) cabalo regalado non se lle mira o dente
  21. A cada porco lle chega o seu San Martiño
  22. A cada ola, o seu testo
  23. A cada paxariño gústalle o seu niño
  24. A cada porta, a súa dona
  25. A cada un o seu
  26. Camiño longo, paso curto
  27. A canas honradas non hai portas cerradas
  28. A carne de lobo, dente de can
  29. Á casa da túa tía non debes ir cada día
  30. A pequeno paxariño, pequeno niño
  31. Para calquera dó, a paciencia é un remedio bo
  32. O vello que se cura, máis anos dura
  33. A diñeiros pagados, brazos crebados
  34. A Deus rogando e co arado arando
  35. A inimigo que foxe, ponte de prata
  36. Escudeiro pobre, cunca de prata e caldeiro de cobre
  37. A falta de pan, boas son as bicas
  38. A hóspede bo, prato grande
  39. A gran présa, gran vagar
  40. A gran salto, gran crebanto
  41. A gran sequía, gran mollada
  42. A grande subida trae a grande caída
  43. A grandes males, grandes remedios
  44. Á besta cargada, a cincha mátaa
  45. Non te deitarás sen aprender unha cousa máis
  46. Á curta ou á larga, o tempo todo o alcanza
  47. Á forza aforcan
  48. O galgo, á “larga”, a lebre mata
  49. De noite non hai muller fea
  50. O mar e a muller de lonxe hanse de ver
  51. Arreboles ao sol posto, mañá andarás enxoito
  52. A ocasión píntana calva
  53. Coa ola que ferve ningunha mosca se atreve
  54. A sorte non é para quen a busca
  55. Á terceira vai a vencida
  56. Á vellez, chagas e furunchos
  57. De vello, gaiteiro
  58. Ás “des” na cama me tes
  59. O que está feito non ten remedio e o que está por facer quere consello
  60. Ao feito, peito
  61. Con tal que sexa moda, aínda que sexa a faldra fóra
  62. Conserva o amigo teu co vicio seu
  63. Ao home ousado, a fortuna pónselle ao lado
  64. De longas vías saen longas mentiras
  65. A mal tempo, boa cara
  66. A mocidade folgada trae a vellez arrastrada
  67. O rato vello non cae na rateira
  68. A moita cortesía é moitas veces falsía
  69. Non hai amigos a mortos e a idos
  70. A ninguén lle amarga un doce
  71. Para o seu pai non hai fillo feo
  72. A novos tempos, novos consellos
  73. A outro can con ese óso
  74. A pai aforrador, fillo gastador
  75. Paxariño «dormente», fólgache o corpo, fólgache o dente
  76. A palabras necias, oídos xordos
  77. A pan de quince días, fame de tres semanas
  78. A pan duro, dente agudo
  79. A cadelo fraco todo son pulgas
  80. A can vello non hai «tus tus»
  81. A pillo, pillo e medio
  82. A pouca barba, pouca vergonza
  83. Pouca ganancia a pouco diñeiro
  84. A pouco vento, forza de remos
  85. A moito pedir, pouco ofrecer
  86. A que con mel trata, algo se lle pega
  87. O que coce e amasa ben sabe as que pasa
  88. A quen lle dan, non escolle
  89. Di o teu segredo ao amigo e faraste seu cativo
  90. A quen Deus non lle dá fillos, o demo dálle sobriños
  91. A quen Deus quere ben, o vento axúntalle a leña
  92. A quen Deus lla dea, San Pedro lla bendiga
  93. Deus axuda ao que se axuda
  94. O que quere ir polo atallo, algunha vez pasa máis traballo
  95. A quen madruga, Deus o axuda
  96. Non temos para pan e mantemos un can
  97. Non dá morcilla o que non mata porco
  98. Quen boa muller ten, seguro vai e seguro vén
  99. Ao raposo «dormente» non lle amence a galiña no dente
  100. A rei morto, rei posto
  101. (A) río revolto, ganancia de pescadores
  102. Quen non entra no mar non pode afogar
  103. Ao seu tempo maduran as uvas
  104. A tal señor, tal honor
  105. Novo avogadiño, preito perdidiño
  106. Sogra, avogado e doutor, canto máis lonxe mellor
  107. O amor non se gaña senón con amor
  108. En abril, augas mil
  109. Aceitona, unha é ouro; dúas, prata; a terceira, mata
  110. Metín o rato no celeiro e fíxose o meu herdeiro
  111. Fai a noite noite e o día día e vivirás con alegría
  112. Alá van os pés onde o corazón quere
  113. Ceo ovellado, chao mollado
  114. A paixón cega a razón
  115. Afortunado no xogo, desafortunado en amores
  116. Mellor é abaixarse que descabezarse
  117. Agosto e setembro non duran sempre
  118. Agosto e vendima non é cada día e si cada ano: uns con ganancia e outros con dano
  119. A auga corrente non mata a xente
  120. Auga de maio, pan para todo o ano
  121. Auga parada está envelenada
  122. Pan quente e auga fría era o que a morte quería
  123. Auga pasada non move muíño
  124. Auga que corre, nunca mal colle
  125. Auga que non has beber déixaa correr
  126. Auga vertida non toda recollida
  127. Ao amigo e ao cabalo non hai que cansalo(s)
  128. Ao amigo hai que aturalo co seu vicio
  129. A arboriña, dende pequeniña; a arborecha, dende pequerrecha
  130. O morto e o ausente non son xente
  131. O que non queira levar patadas que non vaia á feira das bestas
  132. Ao bon calar chaman Sancho
  133. O bo día méteo na casa
  134. Ao bo pagador non lle doen prendas
  135. Pastora sen vara non ten vergonza na cara
  136. Ao home pola palabra e ao boi pola corna
  137. De aquí a cen anos, todos calvos
  138. Ao catarro dálle co xarro
  139. A cabeza, o comer e o beber a endereita
  140. Ao inimigo, nin auga
  141. Ao escaravello, os seus fillos parécenlle ouro fino
  142. Co tempo todo se sabe
  143. Ao comer as morcillas rin a nai e as fillas, e ao pagar, todas son a chorar
  144. Galo que moito canta, algo ten na garganta
  145. O ferro quente bater de repente
  146. O que ben obra, todo lle sobra
  147. Ao mozo avergonzado, o demo levouno ao pazo
  148. Se mudas ao vello de terra, logo che dará el a pelexa
  149. Ao louco e ao ar deixádeos pasar
  150. O peor porco come a mellor landra
  151. Ao médico, ao confesor e ao avogado falarlles claro
  152. Ao mellor galgo escápaselle unha lebre
  153. O medo é grande de corpo
  154. Ao neno, mentras crece (e) ao enfermo, mentras adoece
  155. O paxariño que se ha perder, ás lle han de nacer
  156. Ao pan, pan e ao viño, viño
  157. Ao can que dorme non o espertes
  158. O que de alleo se viste, na rúa o ispen
  159. Ao que lle proa, que rañe
  160. O que mal vive, o medo o persigue
  161. Ao que non está afeito ás bragas, as costuras fanlle chagas
  162. O que ten gana de bailar, con pouco son bailará
  163. Quen ten roupa e dorme no chan é un burricán
  164. A quen erra perdóalle unha «ves», mais non tres
  165. Ao vilán dádelle o dedo e colleravos a man
  166. Estrícate, polo, que mañá te pelan
  167. Algo alcanza aquel que non cansa
  168. Non hai alegría que non traiga pesares
  169. Algunha cousa ten a auga cando a bendicen
  170. Algo vai de Pedro a Pedro
  171. Di un vello refrán que «alá se van os ollos onde está a vontade»
  172. ¡Alá vai, alá vai, o burro tras de súa nai!
  173. Alá van leis, onde queren reis
  174. Achégate aos bos e serás un deles
  175. Con paciencia gáñase o ceo
  176. Amigo de moitos e amigo de ningún, todo é un
  177. Dade ao demo o amigo que vos deixa a palla e vos leva o trigo
  178. Amigo do bo tempo, muda co vento
  179. O amigo leal e franco, ese é un merlo branco
  180. Amizade por interés non dura, porque non a é
  181. Amigo que non dá e coitelo que non corta, que se perdan pouco importa
  182. Nin amigo reconciliado nin guisote requentado
  183. Amigo, vello; touciño e viño, anellos
  184. Quen empresta a un amigo fai un inimigo
  185. Amigos e mulas fallan ás duras
  186. Amigos, mesmo no inferno
  187. Amizade de xenro, sol de inverno
  188. Amor con amor se paga
  189. Amor de neno, auga nun cesto
  190. Amor o da nai, que outro mellor non hai
  191. Amor louco: eu por vós e vós por outro
  192. Amor pasaxeiro: tantas vexo, tantas quero
  193. Amor e celos, irmáns «xemelos»
  194. Amor e maxestade non fan irmandade
  195. Os amores novos fan esquecer os vellos
  196. Os amores, canto máis «reñidos», máis queridos
  197. Amor, coitas e diñeiro non se poden ter secretos
  198. Andar toda a noite e amañecer na cama
  199. Ande eu quente e ríase a xente
  200. Na dúbida, abstente
  201. O mellor conselleiro é a almofada, que dá sempre o consello e non cobra nada
  202. Ata que acabes non te gabes
  203. Antes de que te cases, mira ben o que fas
  204. Antes é a obrigación que a devoción
  205. Ano tardeiro vale máis que baleiro
  206. Antes crebarse que domearse
  207. Máis axiña se colle un “mentiroso” que un coxo
  208. Antes son os meus dentes que os meus parentes
  209. Ano bisiesto é ano funesto
  210. Ano de béveras, nunca o vexas
  211. Ano de xeadas, ano de parvas
  212. Ano de nevadas, ano de fornadas
  213. Ano novo, vida nova
  214. Para aprender a gañar hai que aprender a perder
  215. Aprende a (ben) calar para que saibas ben falar
  216. Aprendiz de moito, mestre de nada
  217. Será teu amigo o que te tire do perigo
  218. Nin por rodeo nin por atallo deixes o camiño de carro
  219. Paxaro de mal natío, o que caga no niño
  220. A que non ten sogra nin cuñada, esa é a ben casada
  221. Ben pode dicir que é rico o que ten bos amigos
  222. Ara con nenos e comerás canotos
  223. ‘Aramos’ – dixo a mosca, e estaba no corno do boi
  224. Arrieiros somos e no camiño nos atoparemos
  225. O parvo, se é calado, pasa ben por asisado
  226. Burro cargado de ouro conségueo todo
  227. Burro de moitos cómeno os lobos
  228. Á besta mala, espora e vara
  229. Aínda non pariu a cabra e xa o cabrito mama
  230. Fillo aínda non o temos e xa nome lle poñemos
  231. Anque a mona se vista de seda, mona se queda
  232. Anque sexas sabio e vello, non despreces o consello
  233. Barro é o home, barro é o xerro, mais non son dun mesmo barro
  234. Ave que voa para a cazola é boa
  235. Axúdate que eu te axudarei
  236. Ou todo ou nada
  237. Debaixo do mel, hai moitas veces fel
  238. A becerriña mansa, a todas as vacas de leite mama
  239. Apertas e bicos non fan meniños, pero tocan a vésperas
  240. Becho malo nunca morre
  241. Ben canta Marta despois de farta
  242. Ben está San Pedro en Roma
  243. Ben acaba o que ben está
  244. Os de fóra dan tabaco
  245. Moito te quero, mais pouco ben che fago
  246. Ben predica o que ben vive
  247. ¡Ben veñas, mal, se vés só!
  248. Bens mal adquiridos, a ninguén enriqueceron
  249. A boca e a bulsa abertas para facer cousa certa
  250. Voda saca voda
  251. A moita bondade destrúe a autoridade
  252. O borracho non ten cura
  253. Bos corazóns matan (as) penas
  254. Boa é a neve que no seu tempo aparece
  255. Non chega tarde quen á fin chega
  256. O boi vello leva o suco ao dereito
  257. “¡Palabra!” díxolle o lobo á cabra para ver se a aloumiñaba
  258. Cabalo grande ande ou non ande
  259. Cabalo que voa non precisa espora
  260. A cabra vai pola viña: como fai a nai, fai a filla
  261. Cada cal co seu igual
  262. Cada bota cheira ao viño que ten
  263. Cada oleiro gaba o seu pucheiro
  264. Cada cousa no seu tempo
  265. Cada cousa no seu lugar aforra tempo para a buscar
  266. Casar e compadrear, cada cal co seu igual
  267. Cada día (a) galiña amarga a cociña
  268. Cada día que amañece, a recua dos parvos crece
  269. Cada día que amañece novas cousas acontecen
  270. Cada galo canta no seu galiñeiro
  271. Cada formiga ten a súa ira
  272. Cada tolo coa súa teima
  273. Cada mestriño ten o seu libriño
  274. Cada martes ten o seu domingo
  275. Cada moucho ao seu souto
  276. Cada ovella coa súa parella
  277. Cada pau aguante a súa vela
  278. Cada par co seu par
  279. Cada santeiro pide para o seu santo
  280. O mellor sendeiro ten o seu bulleiro
  281. Ben está no seu niño o paxaro, como está cada un onde foi nado
  282. Cada un na súa casa é un rei
  283. Cada un na súa casa e Deus na de todos
  284. Cada un fala da feira como lle vai nela
  285. Cada altar ten a súa cruz
  286. Cada un sabe onde lle manca o seu zapato
  287. Cada un coñécese polas súas obras
  288. Cada un ten o que merece
  289. Cada un fala da feira segundo lle foi nela
  290. Calen barbas e falen cartas
  291. Calumnia que algo queda
  292. Camarón que se dorme vaino levando a corrente
  293. Se non vexo polos ollos, vexo polos anteollos
  294. Camiño de Roma, nin mula coxa nin bulsa froxa
  295. Canta a ra e non ten pelo nin la
  296. Porfiar e cantar mal, todo é un
  297. Cantar pensei e por cantar chorei
  298. Cantou á alba a perdiz, máis lle valerá durmir
  299. Cara de beato e unllas de gato
  300. A caridade e o amor non queren tambor
  301. A carne, carne cría e o(s) peixe(s), auga fría
  302. Comer carneiro é de cabaleiro
  303. Casa o (teu) fillo co teu igual e non dirán de ti mal
  304. Casa pechada, casa esborrallada
  305. Casa con dúas portas, mala é de gardar
  306. Casa convidada, murmurada e aldraxada
  307. Non teñas viña nun rincón nin casa nun cantón
  308. Casa feita, cova aberta
  309. A mellor casa é a miña, anque sexa pequeniña
  310. Lar sen muller e barca sen leme logo vai para o garete
  311. Casarás e amansarás
  312. Cea pouco e come máis, durme en alto e vivirás
  313. Como as cereixas son as desgracias que unhas noutras se engarran
  314. Colle boa fama e déitate a durmir
  315. Couces de eguas non matan poldros
  316. Comer ata enfermar e gardar dieta ata sandar
  317. A comida comida desfai a compañía
  318. Comida fría e bebida quente nunca fixeron bo ventre
  319. Como canta o abade respóndelle o sancristán
  320. De tal pan, tales sopas
  321. Como se vive, mórrese
  322. Como sementedes, así colleredes
  323. Compaña de dous, compaña de bos
  324. Bo amigo é o amigo que parte o que ten contigo
  325. Compón un cepo e semellará un mancebo
  326. Merca o que non has mester e venderás o que non poidas deixar de ter
  327. Composta non hai muller fea
  328. Se queres sacar a cobra do burato, faino con man allea
  329. Ao que ten bo viño non lle faltan amigos
  330. O bo traxe cobre a mala liñaxe
  331. Co amor non se xoga
  332. Canto te vexo, tanto te quero
  333. De esa cabra só podía saír ese leite
  334. Non quero vida nin tratos con xente espantabuxatos
  335. Muller que se pinta e non saiba coser… ¡bota a correr!
  336. Coa axuda do veciño matou o meu pai un cochiño
  337. Coa intención basta
  338. Coa medida que midas tamén ti serás medido
  339. Con cans e gatos ten poucos tratos
  340. Coas glorias esquécense as memorias
  341. Deus comigo, eu con El; El primeiro, eu tras El
  342. O que é bo para o fígado é malo para o bazo
  343. O amigo más certo é o diñeiro
  344. Para a necesidade non hai lei
  345. Con paciencia gáñase o ceo
  346. Con pan e viño ándase (o) camiño
  347. Cal te vexo, tal te xulgo e tal te creo
  348. Coñécete a ti mesmo
  349. O consello non é ben recibido se non é pedido
  350. Vendo consellos e inda para min non os teño
  351. Contigo, pan e cebola
  352. Contra o vicio de pedir hai a virtude de non dar
  353. Corazón alegre, home san
  354. Cortesía e falar ben custa pouco e viste ben
  355. Cousa fea non se faga nin se aprenda
  356. Cousa prometida é medio debida
  357. Costumes e diñeiro fan os fillos cabaleiros
  358. Costureira sen dedal cose pouco e iso mal
  359. Cría corvos e sacaranche os ollos
  360. Cal o ano, tal o xerro
  361. Tal o corvo, tal o ovo
  362. Tal o rei, tal a “grei”
  363. Cal o tempo, tal o tento
  364. A filla da cabra ¿que ha de ser senón cabrita?
  365. Cala e calemos, que todos que calar temos
  366. Todo tempo pasado foi o mellor
  367. Cando trona en marzo, aparella as cubas e o mazo
  368. Cando Deus amañece, para todos amañece
  369. Cando o demo non ten que facer, co rabo torna as moscas
  370. Cando o demo reza, algunha cousa quere
  371. Na casa na que non hai gatos campan os ratos
  372. Andoriña que voa a rentes da terra, chuvia venta
  373. Cando o río soa, auga leva
  374. O que non ten unllas mete cuñas
  375. Indo por camiño, non murmures do teu amigo
  376. Dando na cabeza, dáse en todo o corpo
  377. Na casa onde non hai pan, non pode haber paz
  378. Cando a zorra anda á caza dos grilos, se mal é para ela, peor é para os fillos
  379. Cando o demo reza, algunha cousa quere
  380. Cando a barba do teu veciño vexas pelar, pon a túa a remollar
  381. Cando marzo maiea, maio marcea
  382. Cando che dean o “anelo”, prepara o dedo
  383. Cando un lobo come a outro, non hai que comer no souto
  384. Cando unha porta se pecha, un cento se abren
  385. Canto máis un se abaixa, máis ás veces se enxalza
  386. Canta máis amizade, máis claridade
  387. Canto máis vello, máis pelexo
  388. Cada cabeza a súa sentenza
  389. Conta as túas penas a quen saiba delas
  390. Conta e razón sostén amizade e unión
  391. Corpo descansado diñeiro vale
  392. Mandar rapaces á vendima é cousa perdida
  393. Cando fores ao concello, acorda no teu e deixa o alleo
  394. Coidados alleos matan os burros
  395. Ser un cu de mal asento
  396. Cu vexo, cu quero
  397. Aínda sanda máis a dieta que a lanceta
  398. Dá(lle) Deus noces a quen non ten dentes
  399. Dá e ten, e farás ben
  400. Dádivas rachan penedos
  401. Dáme gordura e dareiche fermosura
  402. Dáme pan e di que son parvo
  403. Dáme e dareiche
  404. Volvendo bens por agravios negocian os homes sabios
  405. Auga branda en pedra dura tanto dá que fai cavadura
  406. Dar ao César o que é do César e a Deus o que é de Deus
  407. Dar couces contra o aguillón é mala ocupación
  408. O que despacio camiña chega a lonxe axiña
  409. De ledicia tamén se chora
  410. De compadre a compadre, nos ollos sangue
  411. Daqueles pos veñen estas lamas
  412. Do bo viño, bo vinagre
  413. De boa casa, boa brasa
  414. De caste vénlle ao galgo ter o rabo “largo”
  415. Está o inferno cheo de mal agradecidos
  416. De diñeiro e bondade, a metade da metade
  417. Onde non hai non compre buscar
  418. De namorado a louco vai moi pouco
  419. De fóra virá quen da casa nos (te) botará
  420. De grandes ceas están as sepulturas cheas
  421. De ferreiro a ferreiro non pasa diñeiro
  422. De homes é equivocarse; de bestas, amansarse
  423. Coa esperanza vivimos
  424. Non di máis a lingua que que sente o corazón
  425. Falando sábense as cousas
  426. Da man á boca pérdese a sopa
  427. Da panza sae a danza
  428. Á porta pechada, o demo vólvese
  429. A toda hora hai quen se ri e hai quen chora
  430. Do contado come o lobo
  431. Para quen non quere teño eu moito
  432. Aínda daquelo que vexas, nin a metade creas
  433. Cal é o “herbado”, tal é o gando
  434. Dos amigos gárdeme “Dios” que dos inimigos gardámonos nós
  435. O primeiro amor é o mellor
  436. Dos (De) corenta para riba non (te) molles a barriga
  437. Dos inimigos, os menos
  438. Cos escarmentados fanse os avisados
  439. De mal corvo, mal ovo
  440. Ao que é rico e ten diñeiro fanlle a honra por enteiro
  441. De médico, poeta, músico e louco, todos temos un pouco
  442. De noite todos os gatos son pardos
  443. De pai santo, fillo diaño
  444. De pais gatos, fillos michiños
  445. Pan balorento alegra ao famento
  446. A brasa pequena queima a casa grande
  447. De perdido, ao río
  448. Onte vaqueiro e hoxe cabaleiro
  449. Dicir unhas veces torto e outras dereito é de xente de mal xeito
  450. De rabo de porco, nunca bo virote
  451. Cada cabeza a súa sentencia
  452. Da boa cepa, o bo viño
  453. De tal pau, tal racha
  454. De todo hai na viña do Señor
  455. Sexa de palla, sexa de avea, ande a barriga chea
  456. De ruín madeira nunca boa racha
  457. Dunha noz pequena nace unha nogueira
  458. Dicir e facer poucas veces xuntos se ven
  459. Da auga mansa líbrenos «Dios», que da brava librámonos nós
  460. Quen che deu o fel darache o mel
  461. Da árbore caída, todos fan leña
  462. Do ben ao mal, só hai o canto dun real
  463. Do coiro che han de saír as correas
  464. Do dito ao feito vai un bo treito
  465. Do malo, o mellor
  466. Do mar, o mero e da terra, o carneiro
  467. Na casa do que xura, todo é desventura
  468. Do vello, o consello
  469. Coitas e camiños dannos amigos
  470. Quen o seu mal teña por moito cóntello a outro
  471. Afortunado en cartas, desgraciado en faldras
  472. Desvestir un santo para vestir outro
  473. Espido nacín, espido me acho: nin perdo nin gaño
  474. Apresúrate «despacio»
  475. Cada un di o seu parecer despois de beber
  476. Despois de comer, nin sobre ler
  477. Tras do leite, nin ovos nin viño nin aceite
  478. Ao ano mil volve a auga ao seu carril
  479. Con peras viño bebas
  480. Despois de que os cregos xantan, culleres sobran
  481. Detrás da cruz estache o demo
  482. Di a túa razón e non digas o autor
  483. Dende a santa Lucía mingua a noite e crece o día
  484. Nos días de maio, aínda non amañece e xa anoitece
  485. Día(s) de moito, véspera de nada
  486. Canto máis cobizado é o que se quer, máis se cobiza ver
  487. Meu dito, meu feito
  488. ¡Bendito mes que empeza con Santos e acaba con San Andrés!
  489. Por dicir as verdades pérdense moitas amizades
  490. Díxolle o burro ao mulo: ‘¡Tírate alá, orelludo!’
  491. Díxolle o corvo á pega; ‘¡Bótate alá, que es negra!’
  492. Díxolle o leite ao viño: ‘¡Vente para acá, meu amigo!’
  493. Díxolle a tixola ao pote: ‘¡Tírate alá, non me lixes!’
  494. Dime con quen andas e direiche quen es
  495. Dime de que presumes e direiche do que careces
  496. Con cartos na bulsa calquera runfa
  497. Diñeiro chama diñeiro
  498. Quen ten cartos é fidalgo
  499. Deus aperta, mais non afoga
  500. Deus consente, mais non para sempre
  501. Deus dá o frío a conforme é o abrigo
  502. Deus os cría e eles se xuntan
  503. ¡Deus me dea contenda con quen me entenda!
  504. Cando Deus dá a chaga, dá o remedio para curala
  505. Divide e vencerás
  506. Onde entra o beber, sae o saber
  507. Onde a forza entra, a lei sae
  508. Mal moi alongado, morte ao cabo
  509. A cabeza, o comer e o beber a endereita
  510. A dor da muller morta chega ata a porta
  511. Onde digo digo digo Diego
  512. Onde non entra o sol, entra o menciñeiro
  513. A onde fores fai como vires
  514. Onde hai amor, hai dor
  515. Nin por rodeo nin por atallo deixes o camiño de carro
  516. Onde hai celos, hai amor; onde hai vellos, hai dor
  517. Onde hai confianza, dá noxo
  518. Onde hai gana, hai maña
  519. Onde hai patrón non manda mariñeiro
  520. Onde hai saca e non hai pon, logo se baleira o bulsón
  521. Onde houbo fogo, sempre cinza queda
  522. Unha por outra non é pecado
  523. Onde menos se pensa salta a lebre
  524. Onde non hai fariña, todo é morriña
  525. Tras do pobre sempre anda o demo coa fouce
  526. Onde non me chaman, ¿qué me quererán?
  527. A cabra é tola: por onde vai unha, van todas
  528. Onde vai máis fondo o río, fai menos ruído
  529. A noite trae o consello
  530. Dúas augas de abril e unha de maio valen os bois e o carro
  531. Compañía de tres fíxoa o demo
  532. Cando un non quere, dous non barallan
  533. Dúas aves de rapina non (se) gardan compañía
  534. Dous que dormen nun xergón vólvense da mesma opinión
  535. O abade, do que canta, xanta
  536. O aceite da oliveira cura as doenzas
  537. Pan con fartura e viño con mesura
  538. As aguias non cazan moscas
  539. O amor é cego
  540. O amor primeiro, coma o borrallo, garda a quentura moitos anos
  541. O corazón ten razóns que a razón non entende
  542. O amor todas as cousas iguala
  543. Os peixes queren viño que para auga xa veñen dela
  544. Quen ten a roupa e dorme no chan é un burricán
  545. Quen moito ten, moito quere
  546. O ben non é ben coñecido ata que é perdido
  547. O ben e o mal á cara sae
  548. O ben anda e o mal corre
  549. O ben anda e o mal corre
  550. O ben buscalo e o mal esperalo
  551. O bo cirurxián corta polo san
  552. O bo pano na arca se vende
  553. As boas cousas véndense en pequenas doses
  554. Bo saber é calar ata que sexa tempo de falar
  555. A cuba do bo viño non precisa de bandeira
  556. O boi sen corda pérdese axiña
  557. O boi ceibo ben se lambe
  558. O burro diante para que non se espante
  559. O casado casa quere
  560. O melón e o casar, todo é acertar
  561. O comer e o rañar é cousa de empezar
  562. O coello fuxido, consello vido
  563. O consello da muller é pouco, pero o que non o segue é un louco
  564. O corazón e os ollos nunca son vellos
  565. Dar e ter, siso quer
  566. Non fagas nunca caso de quen non che fai caso
  567. Máis fai o querer que o poder
  568. Día de pracer, véspera de pesar
  569. O demo, farto de carne, meteuse frade
  570. O diñeiro do mesquiño dúas veces anda o camiño
  571. O diñeiro é gran cabaleiro
  572. O diñeiro non ten olor
  573. Mazá, troita e muller, que sexan frescas, se pode ser
  574. A vella de escarmentada pasa o rego (ar)remangada
  575. Tan malo é pecar por carta de máis como por carta de menos
  576. O fin xustifica os medios
  577. Hai xente que envexa o alleo e non aproveita o seu
  578. O diñeiro non é de quen o gaña é de quen o garda
  579. O hábito fai ao monxe
  580. O hábito non fai ao monxe
  581. A fame esperta o enxeño
  582. Fame e frío meten a lebre no camiño
  583. A fame é mala conselleira
  584. Fillo de gata, ratos mata
  585. O home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra
  586. O home é lume e a muller é estopa: vén o demo e sopra
  587. O home é un lobo para o home
  588. O home propón e Deus dispón
  589. O home e o oso, canto máis feo, máis fermoso
  590. O hóspede e o peixe aos tres días feden
  591. De boas intencións está o inferno cheo
  592. Non pode dicirse inverno pasado mentres abril non está acabado
  593. O pranto sobre o defunto
  594. En bágoas da muller non sempre se pode crer
  595. As bágoas do que herda son risa encuberta
  596. O lobo muda o pelo, mais non o vezo
  597. O lobo, onde cría, non é onde fai a matanza
  598. O tolo, pola(s) pena(s) é cordo
  599. O mestre Cirolas non sabe ler e quere poñer escola
  600. Mal alleo colga dun pelo
  601. O mal entra a brazadas e sae a migalladas
  602. O médico, vello; o barbeiro, mozo
  603. O can é o mellor amigo do home
  604. Ao mellor escribán cáelle un borrancho
  605. O mentir pide memoria
  606. O medo garda a viña
  607. O mozo e o galo telo só un ano
  608. O morto á mortalla e o vivo á fogaza
  609. Deus é grande e o mundo pequeno
  610. O ollo do amo engorda o cabalo
  611. O ollo límpao sempre co cóbado
  612. Pasou o santo, pasou a romaría
  613. O preguizoso sempre está coxo
  614. O can de palleiro non come nin deixa comer
  615. O can vello, se ladra, dá consello
  616. Pescador de cana máis come que gaña
  617. O peixe a cheirar mal empeza pola cabeza
  618. O peixe grande come ao pequeno
  619. Peixe que busca o anzol, busca a súa dor
  620. O pé do dono é esterco para a leira
  621. Tanto morre o papa como o que non ten capa
  622. O poeta nace non se fai
  623. Obra comezada, xa está case acabada
  624. Quen aos trinta anos non ten siso e aos corenta non é rico rachádelle o libro
  625. O que algo quere, algo lle custa
  626. O que avisa non é traidor
  627. O que come e canta, algún sentido lle falta
  628. O que merca e mente, a bulsa llo sente
  629. O que fala mal da egua é o que a leva
  630. Quen di a verdade non peca nin mente
  631. O casar quere acertar
  632. O que en si confía erra cada día
  633. Quen o fai que o pague
  634. Quen porfía mata caza
  635. A gaita é para o gaiteiro
  636. Para saber, andar polo mundo ou libros ler
  637. Enriba do rei está a lei
  638. O que moito corre logo cae
  639. O que non corre voa
  640. A dúbida é o comezo da sabedoría
  641. O que non chora non mama
  642. O que non entra a nadar non afoga no río nin no mar
  643. O que non se consola é porque non quere
  644. Na terra do meu home, o que non traballa non come
  645. Quen parte e reparte garda para si a mellor parte
  646. O mentireiro, cando di a «verdá», ninguén creto lle dá
  647. Quen pregunta non erra
  648. Quen primeiro chega, primeiro embarca
  649. O que regala a quen o entende non o regala que o vende
  650. O que rompe, paga
  651. O que só come o seu galo, só aparella o seu cabalo
  652. Quen ten capa escapa
  653. O que ten o tellado de vidro non debe tirar pedras ao do veciño
  654. O que ten padriño bautízase
  655. ¡Ter un tío na Habana!
  656. O que tropeza e non cae adianta camiño
  657. Quen tivo, retivo
  658. O que naceu barrigudo importa pouco enfaixalo
  659. O que veña atrás que arree
  660. O rosario ao pescozo e o demo metido no corpo
  661. O ruín, canto máis lle rogan, máis se enfoncha
  662. O saber non ocupa lugar
  663. Sabe o sabio que non sabe e o parvo pensa que sabe
  664. O saír da pousada é a cousa máis condenada
  665. O alfaiate da encrucillada trae o fío da súa casa
  666. O sono e a morte son irmáns xemelgos
  667. O tempo cura o enfermo e non o ungüento
  668. O tempo é ouro
  669. O tempo dirao
  670. Tempo ido, tempo perdido
  671. O tempo todo o tapa e todo o destapa
  672. O tempo todo o amansa
  673. O último mono sempre se afoga
  674. A cabra, co vicio, no cu dá cos cornos
  675. Na arca aberta, o xusto peca
  676. En boca pechada non entran moscas
  677. En boas mans está o pandeiro
  678. Cada país ten o seu uso e cada roca (o) seu fuso
  679. Na casa do gaiteiro, todos son danzantes
  680. Na casa do ferreiro, coitelo de pau
  681. Na casa do pobre, todas son pingueiras
  682. Na casa chea logo se fai a cea
  683. Na comunidade non luzas a túa habilidade
  684. No mes de Nadal, a carón do lume vaite sentar
  685. No medio está a virtude
  686. No mellor viño hai borras
  687. Na terra dos cegos, o torto é un rei
  688. No pecado está a penitencia
  689. No río que non ten peixes non hai que botar as redes
  690. En febreiro busca a sombra o can
  691. ¡Ben veñas maio, o mellor mes de todo o ano!
  692. Na barba do parvo todos aprenden a rapar
  693. O segredo do teu amigo gardarás e o teu non o dirás
  694. O amor e a gadaña queren forza e queren maña
  695. A ración de San Francisco tanto chega para catro como para cinco
  696. Na mesa e no xogo coñécese ao cabaleiro
  697. Na moita necesidade coñécese o amigo de verdade
  698. Raposo preguiceiro chega tarde ao galiñeiro
  699. Na variedade está o gusto
  700. Onde non te chamen, non te metas
  701. Nos niños de antano non hai paxariños hogano
  702. En martes, nin cases nin embarques
  703. As mañanciñas doces de Nadal, abril e maio faranchas pagar
  704. En octubre, non molesta o lume
  705. En outubre, a terra esterca e cubre
  706. Non hai cousa máis boa que estarse un na súa choza
  707. No tempo dos figos non hai amigos
  708. Despois da Ascensión, nin sermón nin salmón
  709. En terra allea, a vaca ao boi cornea
  710. En todas partes cocen fabas
  711. Acender unha vela a Deus e outra ao demo
  712. Atópanse os homes e non os montes
  713. A todos os que servimos, anque sempre traballemos, sempre nos din que durmimos
  714. Entre amigos e soldados, cumprimentos escusados
  715. Entre col e col, leituga
  716. Entre dous amigos abondan dez “testigos”
  717. Entre parentes non metas os dentes
  718. Entre dous que ben se queren con un que coma xa chega
  719. Entre marzo e abril, se non vén o cuco quere vir a fin
  720. Entre pais e fillos non metas os fuciños
  721. Entre pais e irmáns non metas as mans
  722. Entre santa e santo, parede de cal e canto
  723. Cando a ver un enfermo moitos médicos van, alporízase o sancristán porque é sinal de ¡din! ¡dan!
  724. O morto quere a mortalla e o vivo quere a faramalla
  725. Éramos poucos e pariu miña avoa
  726. Errando apréndese
  727. Que tarden as malas novas, que, anque tarden, virán á súa hora
  728. O que non é agradecido non é ben nacido
  729. É a gota que desborda o vaso
  730. O que lava a cabeza da burra perde o xabón e a lavadura
  731. É máis fácil para un camelo pasar polo ollo dunha agulla que para un rico entrar no Reino dos Ceos
  732. Peor é o remedio que a enfermidade
  733. Fuxir da tixola e caer nas brasas
  734. A vasoira nova varre ben todo o que atopa
  735. Quen escoita, o seu mal oe
  736. Non hai mellor riqueza que a vontade contenta
  737. ¿Quén é o teu inimigo? O que ten o teu oficio
  738. A mellor ventura é a do que a procura
  739. Espantouse a morte da aforcada cando a viu tan esguedellada
  740. Iso e nada, todo é nada
  741. Home de barba roiba cargue con el quen queira e quen poida
  742. Febreiro curto cos seus vinteoito: se tivera máis catro non quedaba can nin gato
  743. Febreiro, cebadeiro
  744. A comida do fidalgo: pouco compango, caldo moito e mantel longo
  745. O que dúas lebres segue pode cazar unha e moitas veces ningunha
  746. As galiñas, como comen, poñen
  747. Galo que non canta, algo ten na gorxa
  748. Polos santos bícanse as pedras e polas mozas bícanse as vellas
  749. Gañar bos para ruíns herdeiros
  750. O diñeiro non é de quen o gaña é de quen o garda
  751. Can «alcuceiro» nunca bo coelleiro
  752. (O) gato escaldado da auga fría foxe
  753. Gaivota á terra, mariñeiro á merda
  754. ¡Xenio e figura, ata a sepultura!
  755. Andoriñas a rentes da auga, chuvia na praia
  756. Gota a gota, o mar se esgota
  757. Bago a bago, unha vella encheu un canado
  758. A pequeno almallo, gran chocallo
  759. Gran a gran, a galiña mantense no inverno e no verán
  760. ¡Gárdate de home que non fala e de can que non ladra!
  761. Amores, amores, por un só pracer moitas dores
  762. Hai xente que envexa o alleo e non aproveita o seu
  763. Falando do rei de Roma, pola porta asoma
  764. Falando enténdense a xente
  765. Falou o boi e dixo ‘¡mu!’
  766. Facédevos mel e comeranvos as moscas
  767. Facer ben nunca se perde
  768. O que ten tenda que a atenda
  769. Fágase o milagre, anque o faga o diaño
  770. Fame que agarda fartura non é fame
  771. Ben xaxúa o que mal come
  772. Ata o corenta de maio non quites o saio
  773. ¡Aínda está o rabo por esfolar!
  774. Ata a morte todo é vida
  775. Ata os gatos queren agora zapatos
  776. O ben é coñecido cando é perdido
  777. Hai máis días que longaínzas
  778. De alcalde a verdugo: ¡mirade como subo!
  779. Teñamos paz e chegaremos a vellos
  780. Fai ben e non mires a quen
  781. Fai boa fariña e non toques a bucina
  782. Fai o que teu amo che mande e sentaraste con el á mesa
  783. ¡Comamos, bebamos e runflemos que ao cabo que morrer temos!
  784. Fermosura e bondade é unha felicidade
  785. Os fillos da miña filla, meus netos son; os do meu fillo serán(che) ou non
  786. Fillo es e pai serás: como fixeres, así o terás
  787. Fillo aínda non o temos e xa nome lle poñemos
  788. Fillo sen dor, nai sen amor
  789. Fillos criados, traballos dobrados
  790. A moita cortesía é moitas veces falsía
  791. Home pobre, con pouco se alegra e socorre
  792. Home prevido vale por dous
  793. Ao vello non lle preguntes «¿como che vai?» senón «¿que che doe?»
  794. Quen aos seus se parece, honra merece
  795. Honra e proveito non caben baixo dun teito
  796. Hoxe por ti (e) mañá por min
  797. Fóxese ás veces do fogo e cáese nas brasas
  798. Fuxir do lume e caer na borralla
  799. Fume e malas caras sacan a xente da casa
  800. Coa mala persoa, o mellor remedio é terra no medio
  801. Ir por la e volver tosquiado
  802. Ira de irmáns, ira de marráns
  803. Gaiola feita, paxaro morto
  804. Anque che son Xan Palomo, só como, como, como
  805. A xogueta e a bebedela botan as casas por terra
  806. As amizades hanse descoser, mais non se han romper
  807. A ausencia trae o esquecemento
  808. A avaricia rompe o saco
  809. A voda dos pobres, todo é voces
  810. A bulsa sen cartos non é máis que coiro
  811. Unha boa obra págase con outra
  812. Boa vida, pai e nai olvida
  813. A cabra sempre tira ao monte
  814. A cama é boa cousa: o que non pode durmir repousa
  815. A calva engana, o dente mente e a engurra quita a dúbida
  816. A cara é o espello da alma
  817. A caridade ben entendida comeza por un mesmo
  818. Ben comer trae mal comer
  819. A comida repousada e a cea paseada
  820. O costume fai lei
  821. Máis fácil é desfacer que facer
  822. A culpa do burro botáronlla á albarda
  823. Escaravellou o galo e atopou o coitelo que ha de matalo
  824. A dilixencia é nai da boa ventura
  825. A ensalada, pouco avinagrada e moi aceitada
  826. A esperanza é o último que se perde
  827. A excepción confirma a regra
  828. A experiencia é a nai da ciencia
  829. A fe move montañas
  830. A galiña da miña veciña pon máis ovos que a miña
  831. A gordura, sete faltas disimula
  832. Onde as dan, “as toman”
  833. A fermosura cómea a sepultura
  834. A filla da cabra, ¿que ha de ser senón cabrita?
  835. A fogaza non estorba nin embaraza
  836. O descoñecemento da lei non exime do seu cumprimento
  837. A información é poder
  838. Forza de mozos e consello de vellos
  839. A lingua «larga» é sinal de man escasa
  840. A lingua do amigo malo corta máis que un machado
  841. A letra con sangue entra
  842. A lima lima a lima
  843. Por dicir as verdades pérdense moitas amizades
  844. A mala herba logo crece
  845. Unha mala abella revolve unha colmea
  846. ¡Malia a paxara que no niño caga!
  847. Non hai mellor riqueza que a vontade contenta
  848. A mellor palabra é a que está por dicir
  849. A mellor salsa do mundo é a fame
  850. A mentira logo é collida
  851. A moita manualidade é causa de menosprezo
  852. A morte a todos iguala
  853. A muller composta o seu home arreda doutra porta
  854. A muller pequeniña sempre é mociña
  855. A muller e o neno só calan o que non souberon
  856. A muller e o ouro pódeno todo
  857. A muller e o vidro sempre están en perigo
  858. O amor e o viño sacan ao home de tino
  859. A muller e a sardiña, pequeniña
  860. A nora, rogada e a ola repousada
  861. A música amansa as feras
  862. A necesidade fai á vella trotar
  863. A noite fíxose para descansar e o día para traballar
  864. A ocasión fai o ladrón
  865. A ovella mansa moitos años a maman
  866. O porco que é para o lobo non hai San Antón que o garde
  867. Bo exemplo e boas razóns gañan moitos corazóns
  868. Se a palabra é prata, o silencio é ouro
  869. Palabra dita non pode ser recollida
  870. ¡Sempre falan os máis cagados!
  871. Algo alcanza aquel que non cansa
  872. Cada pelo fai a súa sombra
  873. A primavera o sangue altera
  874. A procesión vai por dentro
  875. A branda resposta a ira creba
  876. A saúde non é coñecida ata que é perdida
  877. O sangue ferve sen fogo
  878. Sogra, avogado e doutor, canto máis lonxe mellor
  879. A sorte da muller fea, a bonita “a desexa”
  880. A sorte está botada
  881. Págase o rei da traizón, mais do que a fai non
  882. A unión fai a forza
  883. A vinganza sérvese en prato frío
  884. A verdade adelgaza, pero non creba
  885. As verdades sempre amargan
  886. A verdade é filla do tempo
  887. Non hai forza que terme do poder da verdade
  888. A vida non é un camiño de rosas
  889. Galiña vella fai bo caldo
  890. A viña e o poldro, que os críen outros
  891. Viúva rica, cun ollo chora e con outro repenica
  892. Labrador paxareiro, nunca bo rendeiro
  893. Labrador de capa negra, pouco medra
  894. Labradores novos, mal polos comareiros
  895. Costureira mala, febra de fío «larga»
  896. Ládreme o can e non me morda
  897. Bágoas amolecen penas
  898. As aparencias engañan
  899. Arma de fogo alonxada, que o demo pode cargala e descargala
  900. As burlas son vésperas das veras
  901. As comparanzas son odiosas
  902. As cousas de palacio van a dispacio
  903. Contas claras honran as caras
  904. Un mal trae outro mal
  905. Nai fachendosa fai a filla preguiceira
  906. A mala nova axiña chega
  907. As madrugadas de abril sonche pintadas para durmir
  908. As palabras lévaas o vento
  909. As paredes oen
  910. As présas nunca son boas
  911. O que ben se aprende tarde se esquece
  912. Libro pechado non fai letrado
  913. ¿Libro prestado? Ou perdido ou estragado
  914. Non é de agora aquel mal que non mellora
  915. O neno chora polo seu ben e o vello polo seu mal
  916. O barato sae caro
  917. O ben feito ben parece
  918. A boa ventura nunca moito dura
  919. O bo, se breve, dúas veces bo
  920. O comido é o seguro
  921. O comido polo servido
  922. A cortesía non priva da valentía
  923. O fiado leva a metade do cravo
  924. O atopado non é furtado
  925. O diñeiro herdado pouco custa e menos dura
  926. O máis ben coidado tamén o leva o gato
  927. O meu é meu e o teu de entrambos
  928. O esquecido, nin agradecido nin pagado
  929. O pouco agrada e o moito enfada
  930. Cousa prometida é medio debida
  931. O que a uns mata, a outros sanda
  932. O que abunda non dana
  933. O que ben empeza, ben acaba
  934. O que pouco custa, pouco se estima
  935. O que de noite se fai, á mañá aparece
  936. O que o neno oíu na casa vaino dicir ao curral
  937. O que no leite se mama, na mortalla se derrama
  938. Labra fondo e esterca con fartura, e déixate de libros de agricultura
  939. Obra do (de) común, obra de ningún
  940. O que é moda non incomoda
  941. Onde a forza non basta, abonda a maña
  942. O que a loba fai, o lobo non o desfai
  943. O berce o dá e a tumba o leva
  944. O que moito vale, moito custa
  945. O que natura non dá, Salamanca non presta
  946. O que non pasa nun ano pasa nun instantiño
  947. O que non has de comer déixao cocer
  948. O que non mata engorda
  949. O que non queiras para ti non o queiras para min
  950. O que non queiras para ti non o queiras para min
  951. O que non se empeza nunca se acaba
  952. O que non vai en bágoas vai en suspiros
  953. O que outro súa, a min pouco me dura
  954. O que pouco custa, pouco se estima
  955. O que no berce se aprende só na cova se esquece
  956. O que fose soará
  957. O que un aborrece, outro o apetece
  958. Nunca un lobo come outro
  959. Ben parva é a ovella que co lobo se confesa
  960. O parvo, se é calado, pasa ben por asisado
  961. O amigo do meu amigo é meu amigo
  962. Os anos non pasan en balde
  963. Estamos no lugar e non vemos as casas
  964. Os celos son malos conselleiros
  965. Os cartos do sancristán cantando se veñen e cantando se van
  966. Os dós con pan e viño son bos
  967. Os extremos tócanse
  968. O home gaña a facenda e a muller consérvaa
  969. Os forasteiros cando chegan dan «alegría» e cando se van máis aínda
  970. O que ha ser que sexa axiña
  971. En vender e en mercar non hai amizade
  972. Os nenos e os tolos din as verdades
  973. Xuíz dereito como frechal do teito
  974. Os tempos cambian
  975. Ver os lobos pasada a serra
  976. A roupa moi lixosa lávase na casa
  977. Cerco na lúa, auga segura
  978. Madrasta, nin de cera nin de boa pasta
  979. Mal de moitos, consolo de parvos
  980. Mal me queren as comadres porque lles digo as verdades
  981. Mal para quen cala e peor para quen fala
  982. Nena, viña, pereira e fabal son malos de gardar
  983. Mandar non quere par
  984. Mans que tomades e non dades, ¿que esperades?
  985. O que ten maña apaña
  986. Mans frías, corazón quente
  987. Mañá será outro día
  988. Día de néboa bo día espera, se non chove ou neva
  989. Marido celoso non ten repouso
  990. Marzo ventoso, (e) abril chuvioso sacan a maio florido e fermoso
  991. O diñeiro é o amo do mundo enteiro
  992. Máis caga un boi que cen andoriñas
  993. Tanto anda o coxo como o «sano» despois do camiño andado
  994. Co falso non tomes amizade, porque che fará maldade
  995. Discorre máis un famento que cen avogados
  996. Onde o lobo dorme non pastan as ovellas
  997. Fai máis o que quere que o que pode
  998. De grandes ceas están as sepulturas cheas
  999. Máis moscas se collen con mel que con fel
  1000. Máis vale pouco e ben gañado que moito e mal logrado
  1001. O demo sabe máis por vello que por demo
  1002. Máis sabe o tolo na súa casa que o cordo na allea
  1003. Boca sen moas é como muíño sen pedra
  1004. Máis tiran dúas tetas que dúas carretas
  1005. Vale máis a quen Deus axuda que a quen moito madruga
  1006. Ceo aguado, herba no prado
  1007. Máis vale algo que nada
  1008. Máis vale amigo na praza que diñeiro na arca
  1009. Máis vale calar que mal falar
  1010. Quen ten un bo veciño ten un bo amigo
  1011. Máis val boa esperanza que ruín posesión
  1012. O bo nome vale máis que toda a riqueza para un home
  1013. Máis vale burro vivo que sabio morto
  1014. Máis vale caer en gracia que ser gracioso
  1015. O emprestado é parente do dado
  1016. Máis vale só que mal acompañado
  1017. Mal por mal, antes no cárcere que no hospital
  1018. Máis vale experiencia que ciencia
  1019. Aínda custa máis o prebe que os caracois
  1020. Vale máis chegar a tempo que roldar un ano
  1021. Máis vale malo coñecido que bo por coñecer
  1022. Máis vale maña que forza
  1023. Máis vale vivir mal e honrado que vivir ben e deshonrado
  1024. Máis vale onza de sangue que libra de amizade
  1025. Vale máis paxaro na man que cento voando
  1026. Máis vale pan con amor que galiña con dor
  1027. Tan malo é pecar por carta de máis como por carta de menos
  1028. Máis vale pedir que furtar
  1029. Máis vale perder que máis perder
  1030. Vale máis morte calada que pública desventura
  1031. Máis vale can vivo que león morto
  1032. Máis vale pouco e bo que moito e malo
  1033. Mellor é poñerse unha vez colorado que un cento amarelo
  1034. Vale máis aprender de vello que morrer necio
  1035. Máis vale previr que curar
  1036. Máis vale dicir ‘aquí fuxiu’ que ‘aquí morreu’
  1037. Máis vale que sobre que non que falte
  1038. Para vivir xantar, mais non ata estoupar
  1039. Vale máis o saber que o haber
  1040. Vale máis ser arrieiro dunha besta que criado dunha recua
  1041. Vale máis ser pillo que pillado
  1042. Máis vale ser cabeza de rato que rabo de gato
  1043. Antes envexado que compadecido e apurrado
  1044. Máis vale solteiro estar que mal casar
  1045. Máis vale suar que espirrar
  1046. Máis vale tarde que nunca
  1047. Máis vale ter que desexar
  1048. Máis vale torto que cego
  1049. Máis vale un amigo bo que parente e medio
  1050. Máis vale un mal axuste que un bo preito
  1051. Máis vale un ‘toma’ que dous ‘che darei’
  1052. Máis valen dous bocados de vaca que sete de pataca(s)
  1053. Máis ven catro ollos que dous
  1054. Voda e mortalla, do ceo baixan
  1055. Maio frío, moito trigo
  1056. Médico, cúrate a ti mesmo
  1057. É mellor dar que non ter e pasar
  1058. Vale máis lambendo que mordendo
  1059. Vale máis pan duro que pedras moles
  1060. Palleiro vello logo se acende
  1061. Dálle ao rabo o can, non por ti senón polo pan
  1062. Mente sa en corpo san
  1063. Biscoito de monxa, fanega de trigo
  1064. O meu marido é tamborileiro: así mo deu Deus e eu tamén así o quero
  1065. Mentres dura, vida e dozura
  1066. Fai ao fin o necio o que ao principio o discreto
  1067. Cada un na súa casa é un rei
  1068. Mentres hai vida, hai esperanza
  1069. Mentras se gaña algo non se perde nada
  1070. O carto falso de noite pasa cun chisco de maña
  1071. O dito, se non é agudo, non vale un pito
  1072. Moito ruído e poucas noces
  1073. Moito sabe a raposa, pero máis sabe o que a toma
  1074. Unha vara calquera a rompe; moitas xuntas, moitos homes non as rompen
  1075. Ola de moitos nunca ben coce
  1076. Un pouquiño e outro pouquiño fan un moitiño
  1077. Moitos son os chamados e poucos os escollidos
  1078. Muda o lobo os dentes, mais non as mentes
  1079. Morra Marta e morra farta
  1080. Quen espera a man allea, mal xanta e peor cea
  1081. Morte de sogra e dor de nora, máis por dentro que por fóra
  1082. Morto o can acabouse a rabia
  1083. Muller enclenque, muller para sempre
  1084. Nena, viña, pereira e fabal son malos de gardar
  1085. Casa sen muller nunca rica pode ser
  1086. Muller, vento e ventura axiña se mudan
  1087. Neste mundo redondo, o que non sabe nadar vai ao fondo
  1088. Nada novo baixo o sol
  1089. Nadar e nadar, e na beira afogar
  1090. Ninguén pode dar o que non ten
  1091. Millo non sementou quen dos paxariños receou
  1092. Ninguén é perfecto
  1093. Ninguén é profeta na súa terra
  1094. Ninguén está contento coa súa sorte
  1095. Ninguén pode facer máis do que sabe
  1096. Ninguén naceu ensinado
  1097. Ningúen pode ser xuíz e parte
  1098. Ninguén pode servir ben a dous señores
  1099. Poucos son os que se acordan de Santa Bárbara mentres non trona
  1100. Ninguén se gabe mentres non acabe
  1101. Ninguén se meta onde non o chaman
  1102. Necios e porfiados fan ricos aos letrados
  1103. A rico non debas e a pobre non prometas
  1104. Nin voda sen canto nin enterro sen pranto
  1105. Nin en burlas nin en veras co teu amo partas peras
  1106. O que non ten vergonza, en todas as partes almorza
  1107. Non creas a metade do que vexas e da metade do que vexas, a metade non a creas
  1108. Nin fagas porfía nin entres en confraría
  1109. Non asines o que non leas nin bebas o que non vexas
  1110. Non sirvas a quen serviu nin mandes a quen mandou
  1111. Nin mesa sen pan nin soldado(s) sen capitán
  1112. Non hai vella fermosa nin moza fea
  1113. Nin ola sen touciño nin xantar sen viño
  1114. Non pidas a quen pediu nin sirvas a quen serviu
  1115. Nin sábado sen sol nin romeu sen flor nin rapaza sen amor
  1116. Nin morre o pai nin ceamos
  1117. Non están todos os que deben nin son todos os que están
  1118. Nin tomes suborno nin perdas dereito
  1119. ¡Catade o que facedes entre sebes e paredes!
  1120. Non hai mozo enfermo nin vello san
  1121. Nin herba no trigo nin sospeita no amigo
  1122. O corcovado non ve a corcova que leva senón a allea
  1123. Miña cousiña nova, tres días no peneiriño
  1124. Escarmentar na cabeza allea é unha boa ciencia
  1125. Non abonda con ser bo (boa) senón que hai que parecelo
  1126. Cada galo canta no seu galiñeiro
  1127. Á derradeira cántase a gloria
  1128. Para que me gusten as uvas han de estar maduras
  1129. En non comer por ter comido non hai nada perdido
  1130. Non con quen naces senón con quen paces
  1131. Máis dá quen quere que quen pode
  1132. Nunca deixes o certo polo que che ofreza dúbida
  1133. Non deixes para mañá o que poidas facer hoxe
  1134. Non lles botedes as vosas perlas aos porcos
  1135. Non é o mesmo predicar que dar trigo
  1136. Máis vale ser que parecer
  1137. Non é limpo o que limpa, é limpo o que non lixa
  1138. Quen nada ten e nada desexa é o máis rico da terra
  1139. Un peso gánao calquera, o caso é ter conta del
  1140. Mellor é que a la se perda e que non se perda a ovella
  1141. Non é ouro todo o que reloce
  1142. Non é o demo tan feo como o pinta o medo
  1143. Quen a feo quere, bonito lle parece
  1144. Non hai atallo sen traballo
  1145. Non hai voda sen tornavoda
  1146. O mellor cabalo dá un tropezón
  1147. Non hai carne sen óso
  1148. O diñeiro abre todas as portas
  1149. Non hai vida sen morte nin pracer sen pesar
  1150. A tres días de “alegrías”, trinta días de agonías
  1151. Non hai cousa máis barata que a que se merca e se paga
  1152. Día de pracer, véspera de pesar
  1153. Quen ten din ten don
  1154. Non hai inimigo pequeno
  1155. Cousa cumprida, só na outra vida
  1156. Non hai carne sen óso
  1157. Non hai fermosura sen axuda
  1158. Onde hai fume, hai lume
  1159. Non hai mal que cen anos dure
  1160. Non hai mal que por ben non veña
  1161. Non hai maior desprezo que non facer aprecio
  1162. Non hai peor dificultade que a pouca vontade
  1163. O aforrar non é por moito traballar, senón por moito gañar e pouco gastar
  1164. O traballo e a economía é a mellor lotería
  1165. A necesidade fai mestres
  1166. Non hai mel sen fel
  1167. Non hai pega sen mancha negra
  1168. Fillo de gata, ratos mata
  1169. O día da voda deixade á noiva que se compoña
  1170. Non hai nubrado que dure un ano
  1171. Non hai ola tan fea que non tope a súa tapadeira
  1172. Non habería palabra mal dita se non fose mal entendida
  1173. Non hai pan sen afán
  1174. Non hai peor cuña que a da mesma madeira
  1175. Non hai peor cego que o que non quere ver
  1176. Non hai peor xordo que o que non quere oír
  1177. En tripa “vacía” non pode haber “alegría”
  1178. Non hai prazo que non se cumpra nin débeda que non se pague
  1179. Non hai vella fermosa nin moza fea
  1180. Reprende as vidas alleas co teu exemplo e non co teu entendemento
  1181. Nin marzo sen flores nin moza sen amores
  1182. Non se debe poñer o carro diante dos bois
  1183. Ninguén estenda a perna máis do que a saba dea
  1184. As aparencias enganan
  1185. ¡O peor é do que queda!
  1186. Non lembres a forca na casa do aforcado
  1187. Non ten razón o que xunta a fariña co relón
  1188. Non digas «pillei o gato» mentres non o teñas no saco
  1189. Non hai regra sen excepción
  1190. Non hai rosas sen espiñas
  1191. Bo tesouro ten o que está de saúde ben
  1192. Non hai vida sen morte nin pracer sen pesar
  1193. Non a fagas e non a temas
  1194. Non mata a carga, senón a sobrecarga
  1195. Non mordas a man do que che dá de comer
  1196. Non ofende quen quere senón quen pode
  1197. Non (Nin) por moito madrugar amañece máis cedo
  1198. Non se acorda o señor cura de cando foi sancristán
  1199. Non se gaña o pan sen afán
  1200. Non se gañou Zamora nunha hora
  1201. Non é o mel para a boca do burro
  1202. Non se collen (as) troitas coas (con) bragas enxoitas
  1203. Soprar e sorber non se pode facer
  1204. Non se pode repenicar e andar na procesión
  1205. Sen escachar ovos non se fai tortilla
  1206. Non se pode agradar a todos
  1207. Non sexas forneira se tes a cabeza de manteiga
  1208. Non só de pan vive o home
  1209. Todos os días non son iguais
  1210. O que se alegra do mal do veciño xa lle vén o seu polo camiño
  1211. Non toda palabra quere resposta
  1212. Non se han dicir todas as verdades en todos os tempos e lugares
  1213. Non todo o monte é ourego
  1214. As cousas son como son e non como un quere que sexan
  1215. Meu gozo nun pozo
  1216. A novo rei, nova lei
  1217. Non deas consello a quen non cho pida
  1218. Ninguén diga ‘desta auga non beberei’
  1219. Nunca é tarde cando a dita é boa
  1220. Nunca falta un roto para un descosido
  1221. Nunca chove a gusto de todos
  1222. Nunca segundas partes foron boas
  1223. Obra empezada, medio rematada
  1224. Obra feita, venda agarda
  1225. Obras son amores
  1226. Carto a carto faise uo ducado
  1227. Non hai oficio bo nin malo que non dea de comer ao seu amo
  1228. Tres cousas tes que coidar: oír, ver e calar
  1229. Ollo por ollo, dente por dente
  1230. Ollos que non ven, corazón que non sente
  1231. Ollos verdes, duques e reis
  1232. Azoutar e dar no cu, todo é un
  1233. Ola que moito ferve, sazón perde
  1234. Ola sen sal, faite de conta que non tes xantar
  1235. Oracións de burro non chegan ao ceo
  1236. Outro virá que bo me fará
  1237. Ovella que berra, bocado que perde
  1238. Ovellas tolas: detrás dunha van todas
  1239. A mal dar, paciencia e barallar
  1240. A pai aforrador, fillo gastador
  1241. A cada cal gústalle máis o seu curral
  1242. Palabra e pedra solta non teñen volta
  1243. Palabras sen obras, guitarra sen cordas
  1244. Palabras e plumas, o vento as leva
  1245. Pan alleo caro costa
  1246. Pan con pan, comida de parvos
  1247. Pan para hoxe, fame para mañá
  1248. Non hai idade para o amor
  1249. Para o ruín traballador non hai ferramenta boa
  1250. A vellez ten mala cura
  1251. Para os desgraciados fíxose a forca
  1252. Para mostra, un botón
  1253. O que quere presumir ha sufrir
  1254. Crego, ¿por que non cantas? Crego, porque che non pagan
  1255. Todo ten remedio menos a morte
  1256. Parentes e trastos vellos, poucos e “lexos”
  1257. Pasar mala noite e parir filla
  1258. Paso a paso vaise lonxe
  1259. Falta confesada, medio perdoada
  1260. Rifan os ladróns e descóbrense os roubos
  1261. Rezar ao santo ata pasar o tranco
  1262. Peor é a recaída
  1263. Can ladrador, pouco mordedor
  1264. Envexa non teñas, se queres ter paz
  1265. Quen pesca un peixe, pescador é
  1266. Pedra movediza nunca musgo cría
  1267. Pensa o ladrón que todos son da súa condición
  1268. Pensa mal e acertarás
  1269. As alegrías non son para todos os días
  1270. ¡Preitos teñas e os gañes!
  1271. A pobreza non é vileza
  1272. Pouco a pouco fía a vella o coupo
  1273. Pouco se gaña fiando, pero menos mirando
  1274. Poucos e mal avidos
  1275. Podente cabaleiro é don Diñeiro
  1276. Se un leva o seu xuízo ao consello, uns dirán branco e outros dirán negro
  1277. Por ben estar, moito se ha de andar
  1278. Non por dar unha esmola queda un pobre
  1279. Polo pan baila o can
  1280. Polo canto coñécese o paxaro
  1281. Polo fío sácase o novelo
  1282. Polo fume sábese onde hai lume
  1283. Quen quere a Xan quere o seu can
  1284. Por iso se vende a vaca, porque a un gústalle o peito e a outro a “espalda”
  1285. Por falar pouco, nada se perde
  1286. Pola boca morre o peixe
  1287. Quen dá o que ten, a pedir vén
  1288. Pola mostra coñécese o pano
  1289. Pola santa bícase a peaña
  1290. En Santos, a neve polos altos e en San Andrés, a neve polos pés
  1291. Polo mal veciño non desfagas o teu niño
  1292. Por moito trigo nunca é mal ano
  1293. Por San Brais, a cegoña verás
  1294. Polo San Brais, hora e media máis
  1295. Por ben facer, mal haber
  1296. Cando a formiga se quere perder, ás novas lle queren nacer
  1297. Polos seus froitos é como os coñeceredes
  1298. Por un cravo pérdese a ferradura
  1299. Por unha esmola non se baleira ningunha falchoca
  1300. Predica meu frade: por un oído me entra e por outro me sae
  1301. Por un can que matei, “matacáns” me chamaron e en “matacáns” quedei
  1302. Por un punto perdeu o demo o mundo
  1303. Quen porfía mata a caza
  1304. Preguntando vaise a Roma
  1305. Obra comezada xa está case acabada
  1306. Antes que prometas mira como has cumprir o que prometes
  1307. Ofrecer e non dar fai ao tolo alegrar
  1308. Pronto e ben non hai quen
  1309. Porco fiado berra todo o ano
  1310. A porta aberta, ao santo tenta
  1311. ¿E despois…? Onde non hai vacas tamén aran os bois
  1312. Agárrome a este sacho, porque outro (mellor) non acho
  1313. Que non saiba a man dereita o que fai a esquerda
  1314. Querer é poder
  1315. Quen a boa árbore se acolle, boa sombra o cobre
  1316. O que a ferro mata, a ferro morre
  1317. Quen o seu can quere matar, achaque lle ha buscar
  1318. O que adiante non mira, atrás queda
  1319. Quen ao ceo cospe, na cara lle cae
  1320. Quen busca o perigo, nel topa a morte
  1321. Quen anda polo mar aprende a rezar
  1322. O que antes nace, antes pace
  1323. A grande subida trae a grande caída
  1324. Cada un di o seu parecer despois de beber
  1325. O que burro vai a Roma, burro vén á volta
  1326. Quen ben ama, tarde esquece
  1327. Quen ben ata, ben desata
  1328. Quen ben está non se mude
  1329. Quen quere a Bertrán quere o seu can
  1330. O que quere o mel ten que aguantar as aguilloadas
  1331. O que ben sementa ben colleita
  1332. Quen ben te quere farate chorar
  1333. O que busca encontra
  1334. Quen cala outorga
  1335. Quen leva présa, no bo camiño tropeza
  1336. O que canta, os seus males espanta
  1337. O que coma a carne que roia o óso
  1338. Quen vaca do rei come, a cen anos lle paga os ósos
  1339. O que come as duras mellor comerá as maduras
  1340. Dúas veces pon a mesa quen come e deixa
  1341. O que con pólvora se divirte, no corpo a sinte
  1342. O que de alleo se viste, na rúa o ispen
  1343. Quen con lobos anda, a ouvear aprende
  1344. O que con nenos se deita cagado se ergue
  1345. Quen con bois anda, a turrar aprende
  1346. O que dá o que ten antes de que morra merece que lle dean cunha cachiporra
  1347. Quen a can alleo dá pan perde o pan e perde o can
  1348. Quen dá logo dá dúas veces
  1349. O que de mozo non traballa, de vello dorme na palla
  1350. Quen de lonxe vén mente como quer
  1351. Quen os seus desagarima, nada aos alleos lles pida
  1352. O que debe e paga non debe nada
  1353. Quen deixa de ser amigo non o foi nunca
  1354. Nin por rodeo nin por atallo deixes o camiño de carro
  1355. O que baralla non parte, o que parte non dá
  1356. Quen di o que quere oe o que non quere
  1357. O que dúas lebres segue pode cazar unha e moitas veces ningunha
  1358. ¡Ai, durmir, como me sabes! ¡queira Deus que non te me acabes!
  1359. Quen aceite mestura, as mans unta
  1360. O que en mentira é collido, cando di a verdade non é crido
  1361. Burro sexa quen a burro protexa
  1362. Ben burro é o que padece por culpas que outro merece
  1363. Quen en tempo foxe, con tempo acode
  1364. O mal que non ten cura é a loucura
  1365. Quen escoita, o seu mal oe
  1366. O que espera desespera
  1367. A quen pode esperar, todo lle chega a tempo e “vontá”
  1368. Quen está libre de culpa que tire a primeira pedra
  1369. O que a feo ama, fermoso lle parece
  1370. En débeda se mete quen fía ou promete
  1371. Quen foi a Sevilla perdeu a “silla”
  1372. O que foi cociñeiro antes que frade, o que pasa na cociña ben o sabe
  1373. Quen garda atopa
  1374. O costume de xogar e xurar é malo de deixar
  1375. Quen ten oficio ten beneficio
  1376. Quen fai o que pode fai o que debe
  1377. Quen fai un cesto fai un cento
  1378. Soñaba o cego que vía e soñaba o que quería
  1379. Quen fixo a lei fixo a trampa
  1380. ¡Quen te viu e quen te ve!
  1381. Non armes o perigo e non perecerás nel
  1382. O que fóra vai casar, ou vai enganado ou vai enganar
  1383. Quen chega tarde nin oe misa nin come carne
  1384. Garda o pico e terás paz
  1385. Xusto é o mal que vén, se o busca quen o ten
  1386. Quen mal anda, mal acaba
  1387. Quen mala cama fai e nela se deita tena que aturar
  1388. Quen malas mañas ten no berce, tarde ou nunca as perde
  1389. Sementa malas obras e collerás a súa froita
  1390. Quen máis pon máis perde
  1391. Quen máis ten, máis quere
  1392. ¡Moita fachenda e pouca facenda!
  1393. Quen moito abarca, pouco aperta
  1394. Quen moito dorme pouco aprende
  1395. Quen moito fala, moito erra
  1396. O que moito promete, nada dá
  1397. Quen moito se agacha, o cu amosa
  1398. A quen se muda múdalle a ventura
  1399. O que nace burro, burro morre
  1400. O que non saca a goteira terá que facer a casa enteira
  1401. O que para adiante non anda atrás se queda
  1402. Ara ben e con afán e collerás moito pan
  1403. O que non coxea ranquea
  1404. Si primeiro comes a galiña, despois tes que comer a sardiña
  1405. Quen non viu Sevilla non viu marabilla
  1406. O que non oe consello(s) non chega a vello
  1407. Cal te vexo, tal te teño
  1408. Quen non poida andar que corra
  1409. Non pode dar na besta e malla na albarda
  1410. Can ladrador que non ten forza ¡ai se se descoida!
  1411. Aprende a calar para que saibas ben falar
  1412. Gábate Xan, que se non te gabas non te gabarán
  1413. O que non se arrisca non pasa o mar
  1414. O que non se aventura non pasa o mar
  1415. Quen non sementa non colleita
  1416. Quen non te coñece que te merque
  1417. O que non ten cabeza ten que ter pés
  1418. O que non ten casa nin viña en calquera rueiro se aveciña
  1419. Nun gran perigo mellor é o irmán que o amigo
  1420. O que non ten padriño non se bautiza
  1421. Nada ten que perder quen nada ten de seu
  1422. A gata coa présa pare os fillos cegos
  1423. O que paga descansa
  1424. Quen paga manda
  1425. Quen pobreza ten, dos seus parentes fai desdén
  1426. Predicar en deserto, sermón perdido
  1427. Quen empresta a un amigo fai un inimigo
  1428. Na acea, primeiro moe o que primeiro chega
  1429. Quen pode o máis pode o menos
  1430. Quen pode e non quere, cando quere non pode
  1431. O que queira peixes que molle o cu
  1432. Quen ten oficio ten beneficio, que lle fai un bo servicio
  1433. Non se gaña o pan sen afán
  1434. Quen quita a ocasión quita o pecado
  1435. Quen ri de último ri mellor
  1436. O que rouba ao ladrón ten cen anos de perdón
  1437. Quen ruín é na súa terra, ruín é fóra dela
  1438. O que se escusa acusa
  1439. O que se pica, allos come
  1440. O que se acolle debaixo da folla, dúas veces se molla
  1441. Quen sementa ventos recolle tempestades
  1442. Sementa cedo e poda tardeiro
  1443. O que chega tarde, mal se aloxa
  1444. Quen tarde chegou, de pé quedou e non sentou
  1445. Quen che dá un óso non te quere ver morto
  1446. O que regala ben vende, se o que o recibe o entende
  1447. Quen ten medo do mar non embarque
  1448. Quen tempo ten e tempo espera, tempo é que o demo lle leva
  1449. O que bois ten ara cando quere
  1450. O que ten arte vai por todas partes
  1451. O que ten boca equivócase
  1452. Quen ten un bo veciño, ten un bo amigo
  1453. Para calquera dó, a paciencia é un remedio bo
  1454. Quen teña fillo varón, non lle chame a outro ‘ladrón’
  1455. O que ten ovellas ten pelexas
  1456. Quen ten un bo amigo téñase por rico
  1457. Boas son as miñas veciñas, pero fáltanme tres galiñas
  1458. Quen ten vergonza nin (non) come nin almorza
  1459. Quen todo o nega, todo o confesa
  1460. Quen todo o quere, todo o perde
  1461. Mans que tomades e non dades, ¿que esperades?
  1462. O que trasfega no que non entende lévalle os cartos Perete
  1463. Quen rouba na fame tamén rouba na fartura
  1464. Quen logo subiu máis axiña caiu
  1465. O rato que só sabe dun burato axiña o apaña o gato
  1466. Rectificar é de sabios
  1467. Non hai refrán vello que non sexa verdadeiro
  1468. Rico é o que non debe nada a ninguén
  1469. Rifan as comadres e dinse as verdades
  1470. Fanas os porcos e páganas os bacoriños
  1471. O rei, cando roga, manda
  1472. Sabio é quen pouco fala e moito cala
  1473. Leva o teu ao mercado: uns diranche “bo” e outros diranche “malo”
  1474. Saín á rúa e avergonceime, entrei na miña casa e remedieime e consoleime
  1475. Saír de Guatemala e entrar en Guatapeor
  1476. Sandan as coiteladas e non as malas palabras
  1477. Santa Rita, Rita, o que se dá non se quita
  1478. Sarna con gusto non pica
  1479. Dise o pecado e non o pecador
  1480. Os cachos sempre han de imitar ás olas
  1481. Cando está seca a garganta, non chía nin canta
  1482. Segredo de dous sábeo Deus; segredo de tres sábeo quen quer
  1483. No San Xoán segar o pan
  1484. Setembro, ou leva as pontes ou seca as fontes
  1485. O que queira tomar vinganza do seu veciño póñalle a vida en diñeiro e en pan cocido
  1486. A auga non empobrece nin envellece
  1487. Se ben me queres, trátame como debes
  1488. O amor dos burros entra a couces e a dentadas
  1489. Se o ceo cae, debaixo nos colle
  1490. Se o grande fose valente, e o pequeno paciente, e o vermello leal, todo o mundo sería igual
  1491. Porque van á feira os parvos, véndese o torto e o malo
  1492. Se o neno se pon a chorar, acáleo súa nai
  1493. Por Santos, sacha a horta e capa o rancho
  1494. O ben facer gaña amigos e o dicir mal, inimigos
  1495. Fai barato e venderás por catro
  1496. Se a envexa fora tiña, moitos tiñosos habería
  1497. Se o santo non vén a un, hai que ir un ao santo
  1498. Se a pílula ben soupese, non a dorasen por fóra
  1499. Cando non fai vento, non fai mal tempo
  1500. Se non podes co teu inimigo, únete a el
  1501. A quen non quere o caldo, taza e media
  1502. Mellor é verse envexado que verse aquelado
  1503. Se queres aprender a rezar, entra no mar
  1504. Polo Santiago, seméntase o nabo
  1505. O que quere o mel ten que aguantar as aguilloadas
  1506. O que quere a col quere as follas do seu arredor
  1507. Se queres que te siga o can, dálle pan
  1508. Se queres ser ben servido, sérvete ti correndiño
  1509. Se queres vivir ben, leva en todo un ten con ten
  1510. Se queres vivir en paz, canto ves non xulgarás
  1511. Se queres vivir san, faite vello cedo
  1512. Se a muller che manda tirar do tellado embaixo, procura que esté baixo
  1513. Nunca choveu que non escampase
  1514. A corda creba sempre polo máis delgado
  1515. ¡Sempre falan os máis cagados!
  1516. Senta no teu lugar: ninguén te mandará levantar
  1517. Chirlo merlo busca de verán para comer no inverno
  1518. Non pode voar o que non ten ás
  1519. Na casa onde non hai pan non pode haber paz
  1520. Sobre gustos non hai nada escrito
  1521. Enriba dun ovo pon unha galiña
  1522. Sol de inverno sae tarde e ponse cedo
  1523. Sol de marzo fire como mazo
  1524. Sol que moito madruga, pouco dura
  1525. Só se vive unha vez
  1526. Soñaba o cego que vía e soñaba o que quería
  1527. Soprar e sorber non se pode facer
  1528. Sogra e nora e can e gato non comen ben nun mesmo prato
  1529. Tempo trae tempo
  1530. Con paciencia e con calar ben te podes gobernar
  1531. Tal amo, tal criado
  1532. Tal para cal
  1533. Morre o mozo e queda o vello
  1534. Escaravellou o galo e atopou o coitelo que ha de matalo
  1535. Tanta pena ten o que lle deu o fungueirazo coma o que meteu o roubo no saco
  1536. Tanto lles quere o demo aos fillos que lles arrinca os ollos
  1537. Tanto tes, tanto vales
  1538. Tanto vai o cántaro á fonte que ao final rompe
  1539. Un ollo no prato e outro no gato
  1540. Tirar a pedra e esconder a man
  1541. Tempo ao tempo
  1542. Todo chega e todo pasa, anque un non saia da casa
  1543. O novo agrada e o vello enfada
  1544. O amor todo o pode
  1545. Todo se pega menos a bonitura
  1546. Cada medalla ten as súas dúas caras
  1547. Todos os camiños van a Roma
  1548. Todos somos fillos de Adán e Eva: só a vida nos diferencia
  1549. Enriba de cornos, paus
  1550. Despois da tempestade vén a calma
  1551. Non levarán por ben o burro á auga, se el non ten gana
  1552. Barriga quente e pé “dormente”
  1553. En tripa “vacía” non pode haber “alegría”
  1554. Triste é a casa onde a galiña canta e o galo cala
  1555. Garda o segredo no teu seo, non o metas no alleo
  1556. Como creas esta, logo che meten outra
  1557. O que non axuda non merece axuda
  1558. Un cravo saca outro cravo
  1559. Un gran non fai celeiro, pero axuda ao compañeiro
  1560. Un médico cura, dous dubidan, tres morte segura
  1561. Un pai para cen fillos e non cen fillos para un pai
  1562. Tras dun preito vén cento
  1563. Un erro calquera o ten
  1564. Agulla en palleiro mala é de atopar
  1565. Unha boa capa todo o tapa
  1566. Non é o mesmo predicar que dar trigo
  1567. Unha andoriña non fai verán
  1568. Unha imaxe vale máis que mil palabras
  1569. Unha man lava a outra e as dúas lavan a cara
  1570. Unha mazá cada día, de médico aforraríate
  1571. Unha ovella sarnosa infesta todo o rabaño
  1572. Unha parede branca serve ao tolo de carta
  1573. O que me engana unha vez, que o leve o demo; se me engana dúas, que nos leve aos dous; se me engana tres, que me leve a
  1574. min só
  1575. Unha vez casarás e moitas te arrepentirás
  1576. Uns erguen a caza e outros mátana
  1577. Pensa unha cousa o borracho e outra o taberneiro
  1578. Un é ningún, todo é un
  1579. Uns tenden as redes e outros collen os peixes
  1580. Uns sementan e outros segan
  1581. Uns nacen deitados e outros nacen de pé
  1582. Uns polos outros, a casa sen varrer
  1583. Uns nacen para santos e outros para pés de bancos
  1584. Uns todo e outros nada
  1585. Uns levan a fama e outros cardan a la
  1586. O uso fai mestres
  1587. Uvas con queixo saben a beixo
  1588. Vanse os amores e quedan as dores
  1589. Vaise o ben ao ben como as abellas ao mel
  1590. Vemos a palla no ollo doutro e non vemos a viga no noso
  1591. Vida sen amigos, morte sen “testigos”
  1592. Vello xa é Pedro para ser cabreiro
  1593. Vento, riqueza e ventura non son cousa segura
  1594. Vinagre e mel saben mal e fan ben
  1595. O viño pola cor e o pan polo sabor
  1596. Viste unha vasoira e terás señora
  1597. Vísteme a modo que teño présa
  1598. Viva a galiña coa súa pebida
  1599. Pecado calado é medio perdoado
  1600. Tras do traballo vén o descanso
  1601. ¡Zapateiro aos teus zapatos!
  1602. Pola miña porta pasarás e a vida penarás
  1603. Dálle a un o pé e collerache a man
  1604. A engurra é bela
  1605. O que non levan os ladróns aparece nos rincóns
  1606. Ao máis escuro amence Deus
  1607. Onde manda o corazón, a cabeza ten pouco que dicir
  1608. A muller do César non só ten que ser honrada senón tamén parecelo
  1609. De cuñado nunca esperes bocado
  1610. A carne sobre o óso reloce como un espello
  1611. Para calquera doenza, o remedio é a paciencia
  1612. O miserable e o pobre págano dobre
  1613. Polo San Matías igualan as noites e os días
  1614. Toda nube negra ten a súa beira de prata
  1615. Sol de febreiro non dura un día enteiro
  1616. O que dá o que ten non se lle pode pedir máis
  1617. A realidade supera a ficción
  1618. O que sempre mente nunca engana
  1619. Coa verdade chégase a todas partes
  1620. Renovarse ou morrer
  1621. A quen non debo non (lle) temo