👆 PULSAR EN LA IMAGEN PARA VER EL LIBRO
Do autor do Día das Letras Galegas de 2019 Antonio Fraguas, gran coñecedor da cultura popular galega, presenta un amplo traballo sobre as romarías e os santuarios máis significativos de Galicia, co estudo das orixes e das características de cada unha, e a descrición detallada dos correspondentes templos. Un percorrido histórico e unha guía útil para o coñecemento dunha parte importante do noso patrimonio espiritual.