Este non vai ser un paseo para preguiceiros. Vai ter que esforzarse moito o teu tacto, o teu gusto -haberá comida a eito-, encherás o teu ouvido con imaxes marabillosas... E sobre todo vai ter que traballar a feito o músculo de pensar, ese sentido que non se ve, que lle chaman imaxinación. Espero que a teñas ben adestrada porque lle imos ofrecer en doses moi altas o alimento que máis a excita: os debuxos, a música e as palabras. (Xurxo Souto) Música interpretada pola Orquestra das Ánimas Coas voces de: Antón Reixa - Xurxo Souto - Ugia Pedreira Pulpiño Viascón - Carcía MC, Ico Manolo Maseda - Coralie Yap-Chine