Esa intanxible liña que separa a mocidade da madureza é a que traspasa o protagonista da obra trala súa dura experiencia no mar. Baixo a apariencia dunha novela de aventuras mariña, Conrad narra o final dunha etapa e o comezo doutra, o paso da inocencia á experiencia. O capitán Giles ofrécelle ó protagonista a posibilidade de ser o primeiro mando do barco Otago. El acepta e inicia un novo rumbo: como capitán cunha tripulación de seu; pero terá que superar moitos problemas, a atmosfera angustiosa motivada polo calmazo do mar, que mantén o navío practicamente inmóbil, e a maldición do ex-capitán do Otago.