Quen lle ía dicir a Roi que unha tarde aparentemente divertida na feira ía ser o principio dunha completa peripecia polas alturas? Oito globos de helio e a lixeireza do corpo son os responsables do seu paseo por eses mundos de Deus, tan cheos de cousas incontables. Incontables porque superan os números; incontables porque ben podería el dicir aquilo de «A quen se lle conte...».