Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2000. Fronte á perda de relevancia emancipatoria da esquerda, tanto da socialdemocracia tradicional como da xurdida dos discursos e prácticas sesentaeoitistas, Basilio Lourenço propón unha nova reflexión sobre ideas como comunidade, acción cívica ou democracia telemática, que poden sinalar camiños para a recuperación da autonomía da sociedade e das cidades.