'Atención Sanitaria Inicial a Múltiples Vítimas'é un dos módulos pertencentes á cualificación profesional de 'Atención Sanitaria a Múltiples Vítimas e Catástrofes', que forma parte da familia profesional de 'Sanidade'. Este módulo recolle todos os seus contidos e obxectivos, segundo as directrices marcadas polo Sistema Nacional de Cualificacións. Así mesmo, esta obra está acreditada pola Sociedad Española de Urgencias y Emergencias (SEMES) de Galicia. O obxectivo deste módulo é coñecer como prestar unha primeira atención sanitaria ás vítimas dunha catástrofe. Ideaspropias Editorial presenta este material didáctico para dotar o lector dunha formación específica na atención sanitaria inicial a múltiples vítimas. Para iso, nesta obra desenvólvense seis unidades didácticas cos seguintes contidos: a medicina de catástrofes, fases de actuación na atención a múltiples vítimas, organización da atención sanitaria, clasificación das vítimas, asistencia sanitaria, e rescate e evacuación de feridos.