O CATÁLOGO de contos galegos baséase no sistema de Aarne-Thompson, reelaborado en 2004 en The Catalogue of International Tale Types por Hans-Jörg Uther. Contén preto de setecentos tipos e subtipos, amaioría correspondentes ó ATU (Aarne-Thompson and Uther). Cada tipo (subtipo) leva un conto modelo, a maior parte vai acompañada de referencias bibliográficas dutras versións e das reelaboracións literarias coñecidas. Nalgúns casos, insírense refráns sobre o tema.