Edad de interés: a partir de 9 años



A REBELIÓN DOS COELLOS MÁXICOS
Cando os lobos se apoderaron do país dos coellos, o primeiro que fixo o xefe da manda foi proclamarse rei. O segundo foi anunciar que os coellos xa non existían. Quedaba terminantemente prohibido mencionar o seu nome polos séculos dos séculos. Sen embargo, os paxaros desde a altura seguían a ver coellos. O lobo, para que todo o reino soubese do seu poder, decidiu encargar a un mono fotógrafo as fotos das súas fazañas e obrigar aos paxaros a repartilas por cada casa. E sen embargo, os simpáticos coellos seguíanse a ver… A rebelión dos coellos máxicos é unha fábula mediante a que Ariel Dorfman representa o absurdo en que cae o poder despótico e un canto a favor da esperanza e da liberdade. A manipulación da información, a propaganda, a liberdade de expresión son algúns dos temas deste libro para os lectores de nove anos en diante, ilustrado pola alemana Anke Faust.

LUEIRO DE PAPEL
Vinte poemas co denominador común da lúa e catro homenaxes ás greguerías de Ramón Gómez de la Serna constitúen a materia poética desta obra. O primeiro poema dálle o nome ó libro: " Vinde pintar/ lúas/ de tódalas formas e cores/ neste lueiro de papel. " Os lectores novos aprenderán que hai todas estas lúas: Lúa de papel, lúa nena, lúa prateada, lúa algareira, lúa branca, lúa cociñeira, lúa marela, lúa verde. E mais serán quen de ver que: A lúa é un xornal, a lúa é un espello. As augas novas do rio baixan ledas e repintadas pola lúa, a lúa está cociñando neboeiros na tixola, a lúa fala de paz coa choiva, coa brétema e mais co mar, a lúa acocha a miúdo tristuras de moita xente, a lúa esgaza a cotío as negras teas da noite, a lúa pasa a noite no mar ou na campía, a lúa ronca e dorme no mar.

ROSEIRA DO TEU MENCER
Este libro recolle o texto de Roseira do teu mencer, o poemario que Xosé María Álvarez Blázquez dedicou en 1950 a súa primeira filla, Colorín, con motivo do seu primeiro aniversario. Cantiga de berce, canción de roda, xogo paralelístico, autenticidade popular latexan en cada sílaba destes poemas escritos por un pai deslumbrado e namorado pola graza da filla e sobrecollido polo feito sorprendente de que el mesmo é –en parte– o autor deste milagre, o creador da vida… Versos pequenos que son para cantar e bailar: a nena chora perseguida polas galiñas; cantaban para a nena a cotovía, o merlo e o reiseñor; o pai escorrenta a chuvia, a néboa, o vento e o arco da vella… Ao texto do poemario, fermosamente ilustrado por Manuel Uhía, engádiuselle un epílogo biográfico e fotográfico sobre o autor, preparado por Darío Xohán Cabana, ademais dunha completa cronoloxía sobre don Xosé María. Un libro indispensable para que os escolares coñezan e lean ao autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2008.

JUAN : EL LIBRO DE TU NOMBRE (CANO, ISABEL)
Juega y descubre muchas cosas e este divertido libro que lleva tu nombre. ¿Qué significa tu nombre? ¿Cómo se escribe tu nombre en otras leguas? ¿Qué famosos se llaman como tú? ¿Qué sucedió el día de tu santo?