Saltar al contenido

Ficción moderna y contemporanea

LA ÚLTIMA MUDANZA DE FELIPE CARRILLO (BRYCE ECHENIQUE, ALFREDO) (Ficción moderna y contemporanea)

Felipe Carrillo, destacado arquitecto y peregrino del amor, se ha pasado la vida cambiando de domicilio, de ciudad, de país, de continente. Sus mudanzas le han llevado a vivir en París, Madrid, Roma y la casi mítica playa de Colán, al norte del Perú, y en cada uno de esos lugares ha creído encontrar a su último y más grande amor. Pero al final Felipe Carrillo no tendrá otro remedio que enfrentarse con la única mudanza verdadera: la que realiza al fondo de sí mismo para encontrar la dimensión total de su desarraigo y de su soledad. A través del itinerario sentimental de este arquitecto en perpetuo conflicto consigo mismo, de su relación triangular con una periodista española y su consentido y majadero hijo enamorado de su madre, el libro nos muestra un mundo desquiciado, de anhelos, amores y desamores, y nos demuestra que la vida es un embrollo de considerable magnitud. En esta novela breve, la más concisa y condensada de cuantas ha escrito, Alfredo Bryce Echenique aborda, con su característico humor teñido de melancolía y fatalismo, algunas de las obsesiones con las que ha forjado su particular universo literario.

O EXILIADO E A PRIMAVERA (VEIGA TABOADA, MANUEL) (Ficción moderna y contemporanea)

Alexandre Marrube, un galeguista exiliado en México, retorna a súa cidade natal, despois de case corenta anos de ausencia, para asistir ao enterro da súa nai. Naqueles días, o exiliado atoparase cunha comunidade despolitizada que apenas lembra nin a guerra nin os anos da fame e nin sequera posúe conciencia de que vive na ditadura. Marrube enfrontarase tamén a unha familia, que apenas o recoñece (sexa a súa irmá ou o seu cuñado, o maxistrado, que quedaron en Galicia sobrevivindo), e a un mozo, militante antifranquista con quen ten dificultades de empatar o seu discurso político. Alexandre Marrube regresa a Galicia intentando atopar ou reconstruír o seu mundo perdido, aínda que coa desolación de se decatar de que todo é inútil, imposible, pois os seus ollos chocan cunha sociedade apática e desmemoriada, á que non entende, pero satisfeita cun precario, pero novidoso, consumismo. " O exiliado e a primavera " a novela de Manuel Veiga gañadora do Premio Xerais 2004 é unha obra vigorosa, escrita con vontade de estilo e capacidade evocadora, que abre varios frontes de debate e interese para un público amplo. A confrontación do exiliado cunha Galicia que apenas lembra o tempo da República. A relación do exiliado cos que deberían de ser os seus herdeiros, os xoves militantes antifranquistas dos sesenta e setenta, na medida que atopa que en boa medida non se recoñece neles e eles tampouco o fan nel. E por último, a polémica entre o exiliado que regresa e os amigos que quedaron no interior e que viven máis ou menos satisfactoriamente nestes derradeiros anos da ditadura (a novela está ambientada en tres meses do ano 1974): as razóns de uns e outros están expostas na novela con sinceridade e realismo, unha discusión que aínda latexa hoxe en cada familia.

DENSO RECENDO A SALGADO (PORTAS, MANUEL) (Ficción moderna y contemporanea)

Denso recendo a salgado son os fragmentos dun espello escachado por un golpe; as páxinas dunha intensa novela con moitas novelas dentro; unha historia de historias fragmentarias e ocasionais, tecida con fíos multicolores de personaxes que se entrelazan dende unha aparente desconexión inicial para acabar nunha frenética sinfonía vital, tráxica e vibrante, trepidante, delicada, por veces romántica, e a un tempo crúa e dura como a realidade que lle serve de marco de referencia. Ao longo da novela, aparecen vidas anónimas e singulares que teñen en común a pertenza a unha xeración de mozos e mozas nados nunha vila mariñeira que podería ser calquera das que se deitan na Ría de Arousa. Coas súas mudanzas de ritmo, cos panos de fondo das bateas, do narcotráfico e de Compostela, Denso recendo a salgado e como unha montaña rusa que nos fai sentir a vertixe da existencia.

SETE PALABRAS (DE TORO, SUSO) (Ficción moderna y contemporanea)

Esta nova novela de Suso de Toro tómanos da man desde o comezo e fai que, empurrados pola intriga e pola emoción da súa lectura engaiolante, acompañemos ao protagonista nunha estraña viaxe cara á orixe para desvelar as claves da identidade persoal. Este relato é unha investigación radical e íntima, unha historia de familia, un retrato particular e colectivo dos humildes onde se acrisolan os diferentes xéneros literarios para achegarnos a esencia da vida. O autor fainos pasar da reflexión ao sorriso, con bravura e con tenrura, atopando nas experiencias da pobreza e da vida máis humilde as referencias primeiras que fundan a cultura occidental. Os lectores e lectoras agardan que Suso de Toro corra riscos con cada libro e afronte novos desafíos estéticos e temáticos. Esta novela sorprendente non defrauda estas expectativas xa que Suso de Toro, como fixera en Polaroid, Tic-Tac ou Trece badaladas, traza unha nova fronteira literaria.

A VIDA DO OUTRO (REIGOSA, CARLOS G.) (Ficción moderna y contemporanea)

A vida do outro de Carlos G. Reigosa é un espello no que cada un pode descubrir o seu propio rostro. O protagonista, Miguel Cano Goiriz, vive nunha sociedade en transición e busca respostas para as súas preguntas esenciais. As experiencias e as teimas da súa existencia rematan nun berro radical de afirmación e redención. Porque Miguel, xornalista de éxito e testemuña insubornable do seu tempo, acaba por dexergar un descoñecido no propio espello. Por iso se revolve contra o que é -e contra o que os demáis queren que sexa-, para ousar converterse en si mesmo e recoñecerse como tal. A vida do outro ten o celme da vida e da Historia. Nas súas páxinas alenta o misterio que nos transubstancia en buscadores da felicidade, ás veces por vieiros de extravío. Carlos G. Reigosa atina ó profundar nas chaves íntimas da vida que vivimos e que non sempre é a nosa. Quizais porque ás veces é a doutro. Inevitablemente. Esta novela gañou o XX Premio de Novela Torrente Ballester (2008).

PEAXES (LOPO, SANTIAGO) (Ficción moderna y contemporanea)

Desde a súa ventá ao mundo, un caixeiro de peaxe da autoestrada bota unha ollada ás fraccións de vidas que se cruzan con el acotío. Esas instantáneas compoñen unha colaxe que lle axuda a fuxir da soidade. A partir destes encontros fugaces, ceiba a súa imaxinación e crea un universo ao ritmo da música que sae dos nosos vehículos cando baixamos a xanela para pagar, un planeta movido por anacos de conversas que desaparecen a cen quilómetros por hora. Desde a cabina, o narrador obsérvanos, temeroso de mergullarse na nosa rutina, mais contento de que rompamos a súa. Os usuarios da autoestrada erixímonos en protagonistas dun relato áxil que acelera nas curvas perigosas. En Peaxes conflúen todas as Galicias existentes e as imaxinadas, demostrando que realidade e ficción comparten a miúdo o noso destino. Unha novela breve, coa que Santiago Lopo debuta no catálogo de Xerais, que fará gozar a lectores e lectoras.

UN HOME DE VILAMEÁN (BERNÁRDEZ VILAR, XOÁN) (Ficción moderna y contemporanea)

-Son de Vilameán e teño unha casa e unha pequena veiga. Pero a miña moza é de Vilariño; se vou vivir onda ela deberei doarlle as miñas propiedades ó mosteiro. Mais se a levo a vivir comigo a Vilameán, deberá ser ela quen dea as súas terras de Vilariño. Ese é o meu problema. O outro gardou un curto silencio. -É a lei -dixo logo. -É a lei -repetiu Pedro-. randa vivían os meus pais pasabamos fame. Agora o que teño dános a penas para nos manter á miña irmá e a min. Se caso volverémola pasar, porque teño que contar coa miña muller e cos fillos que veñan. Serán máis bocas a comer do mesmo. Mais, se non perdese as terras dela a cousa sería diferente. Iso foi o que lle vin dicir ó abade.

EL DECANO (GUSTAFSSON, LARS) (Ficción moderna y contemporanea)

Spencer C. Spencer, catedrático de Filosofía en la Universidad de Texas, se encuentra en una pensión al borde mismo del desierto, donde toma nota de los extraños sucesos acontecidos en los dos últimos años, antes de desaparecer para siempre. En esos papeles se habla del amor, de los celos, del mal, del azar y la necesidad, de la vida y de la muerte, y, por supuesto, del peculiar y un tanto siniestro Decano, un veterano de la guerra de Vietnam que va en silla de ruedas. En este thriller filosófico, con el que culmina su trilogía americana (Windy habla y La historia del perro, ambas publicadas en esta colección), Lars Gustafsson, galardonado en el año 2009 con la prestigiosa Medalla Goethe, ofrece un apasionante relato, pleno de inteligencia e ironía, escrito con un estilo claro y directo que atrapará al lector de la primera a la última página.

LOS FILÓSOFOS OSCUROS (THOMAS, GWYN) (Ficción moderna y contemporanea)

Sexo, crimen y un devastador humor negro vertebran estas tres novelas cortas de los años cuarenta. En Oscar, el cronista de la muerte y la explotación no consigue esquivar el mal que le rodea. En Simeon, los abusos de la jerarquía familiar y las licencias sexuales desembocan en una muerte violenta; y en Los filósofos oscuros, los pensadores se reúnen en una cantina italiana para contar con solemne jocosidad el cuento cruel de la venganza que han maquinado...

VÍA SECUNDARIA (ALFAYA, AN) (Ficción moderna y contemporanea)

Na vía secundaria que conduce ao polígono industrial prodúcese un atropelo nun día de choiva. Ese desafortunado incidente marcará un punto de inflexión nas vidas das persoas que participan no suceso até situalas nunha calella con poucas saídas. Nora e Ramón, un matrimonio cada vez máis afastado por mor das súas adicións; Obdulia e o seu pai, Anselmo, que viven na solitaria casa da curva; Hilario, mecánico nun taller do polígono, desconcertado pola súa incapacidade para dar explicacións atinadas sobre os feitos. Vidas en vía secundaria sometidas ás faenas do destino. Vidas anónimas, tecidas por perdedores do noso tempo que agardan polo seu paquete de felicidade. Un relato de vidas cruzadas sobre a soidade e a incomunicación, ese virus silencioso, mais moi estendido, que asolaga os nosos días. Unha emocionante novela coral, escrita e construída con mestría e precisión, capaz de arrebatar o interese dos lectores e lectoras en todos e cada un dos seus capítulos.

ALIMÉNTAME (ROMAN SIMIC) (Ficción moderna y contemporanea)

Todo un nuevo universo aflora con el nacimiento de un niño, pero también el miedo, la angustia y la incertidumbre. De modo similar a como hizo en De qué nos enamoramos, libro que se alzó con el premio del diario Jutarnji List a la mejor obra en prosa de 2005, Roman Simic vuelve a urdir esta colección de relatos mediante una cuestión, un hilo que halla su comienzo y su final en la paternidad. Un muchacho que escribe en un zoo una carta de amor que jamás enviará, un hombre que visita en un manicomio al marido de su amante, una joven que espera que el padre de su hijo no nacido no huya, una madre que evoca unas vacaciones estivales familiares diez años atrás, el verano que dio comienzo la guerra... Los protagonistas de estos relatos miden el mundo con pasos de niños, madres y padres, con sus desacuerdos y amores, cosas que conocemos perfectamente bien. Una vez más, el centro de los intereses del autor es el ser humano, pero si en el título precedente se trataba de dos enamorados, ahora lo son tres, pues cuando un niño llega al mundo, éste cambia.