Saltar al contenido

Ficción moderna y contemporanea

A VELOCIDADE DO FRÍO (SEIXAS, MANUEL) (Ficción moderna y contemporanea)

A velocidade do frío é unha novela feita sen contemplacións, que pode tanto resultarlle aborrecible ó lector nunha primeira aproximación como doada e comprensible, pero dificilmente, en ningún dos casos, vai provocar indiferencia, porque as súas voces, as voces que se van facendo cargo do relato ó longo das 296 páxinas, sexan as dos protagonistas principais en forma de monólogo interior, ou sexa a do narrador en terceira persoa omnisciente -na segunda parte da novela- resoan todas, como di o propio Seixas, dende un recanto interior, autente, visceral e, dende logo, nada frío. Esta novela foi escrita sen filtros formais, de xeito que o seu autor aborda unha historia singular, especialmente orixinal, sen preocuparse de cometer excesos nas recorrencias expresivas, procurando o cerne das accións e reflexións dos seus personaxes mesmo a expensas de calquera estilo previsible ou supostamente correcto e decoroso. Aquí vaise ó directo sen miramentos. Aquí nárrase unha historia, que impregna a mente do lector con imaxes ben definidas, aínda que, por suposto, abertas á recreación personalizada. En A velocidade do frío hai moito instinto criminal e polo tanto moita culpa, porque, de partida, os seres humanos viven na frustración, atrapados polas turbias consecuencias do seu baleiro interior e dos seus impulsos irracionais. Os únicos que non sofren por darlle satisfacción ó seu instinto asasino -maquinal- son o coches, que aparecen nesta novela como seres malignos dotados dunha vontade allea a toda moral. Pero quizais os coches, inimigos dos seres humanos, non sexan outra cousa que a expresión dun estilo de vida baseado no consumo, na supervivencia individual egoísta e insolidaria, na crúa oposición de intereses materiais, no culto ás aparencias e na falta total de sentimentos.

OBRA NARRATIVA DE CELSO EMILIO FERREIRO (FERREIRO, CELSO EMILIO) (Ficción moderna y contemporanea)

Obra narrativa contén os dous únicos libros de ficción en prosa que publicou Celso Emilio Ferreiro, agora reunidos nun único volume: A ftonteira infinda (1972) e A taberna do galo (1978). Ambos os dous permiten coñecer moito máis a fondo o grande autor que foi Celso Emilio, defensor dos homes e da humanidade, fustrigador sempre da inxustiza en calquera das súas caras. Este é tamén o espírito que caracteriza as súas obras en prosa. A ftonteira infinda (1972) é un libro de relatos tremendamente orixinais, de anécdota americana; e as divertidas páxinas de A taberna do galo (1978) compúxoas o autor con fragmentos tirados dun libro que nunca rematou. Obra narrativa, en edición de Mónica Góñez, ofrécelles aos lectores a prosa dun dos escritores máis intensos e deslumbrantes da literatura galega.

RIOFERO (DE TORO, XELÍS) (Ficción moderna y contemporanea)

O río marca unha dirección e abre unha viaxe. As personaxes de Riofero, a última novela de Xelís de Toro, suben río arriba: fuxidas e búsquedas. Vidas fracasadas ou aventureiras, todo serve de alimento ao espírito voraz do río. Un Riofero de lendas e pantasmas. Un Riofero de humanos que tornan feras e vidas que esvaen ata converterse en sombras. Con Riofero, Xelís de Toro, lánzase na compaña dunha curiosa tropa de personaxes na búsqueda do crisol da literatura, a maxia, o secreto talismán, en palabras do autor " eu apuntar apuntei ao corazón da literatura, mais era de noite e a besta movíase, pero eu apuntar apuntei e disparar disparei, iso é o único que importa " .

A CLASE (BÉGAUDEAU, FRANÇOIS) (Ficción moderna y contemporanea)

" Eu falaba para unha clase silenciosa e distraída, Gibran e Arthur dedicábanse a unha análise comparativa das súas calculadoras e rebentaban co riso por non sei que, Michael asentía movendo a cabeza aínda que pensaba noutra cousa e, mentres, os muros daban en inclinarse perigosamente e terminarían por caernos a todos enriba. " Cunha escrita descontinua que vai captando diferentes escenas e conflitos co alumnado e cos seus colegas, case coma se fose unha cámara, François Bégaudeau constrúe en A clase unha crónica do seu labor como profesor, engadindo mesmo as súas propias dúbidas e poñendo de manifesto as dificultades que xorden nas aulas, nos claustros, entre os adolescentes e tamén entre os adultos. Este é o impactante relato da vida nunha clase multicultural da bisbarra parisina, con todas as tensións entre profesores e alumnos, que en certa maneira traducen o conflito entre ricos e pobres, entre aqueles que posúen o saber e aqueles que non o teñen. Unha adaptación desta novela foi levada ao cine por Laurent Cantet, e a película homónima obtivo a Palma de Ouro do Festival de Cannes 2008.

UN AMOUR IMPOSSIBLE : SUIVI DE CONFÉRENCE À NEW YORK (ANGOT CHRISTINE) (Ficción moderna y contemporanea)

Pierre et Rachel vivent une liaison courte mais intense à Châteauroux à la fin des années 1950. Pierre, érudit, issu d'une famille bourgeoise, fascine Rachel, employée à la Sécurité sociale. Il refuse de l'épouser, mais ils font un enfant. L'amour maternel devient pour Rachel et Christine le socle d'une vie heureuse. Pierre voit sa fille épisodiquement. Des années plus tard, Rachel apprend qu'il la viole. Le choc est immense. Un sentiment de culpabilité s'immisce progressivement entre la mère et la fille. Christine Angot entreprend ici de mettre à nu une relation des plus complexes, entre amour inconditionnel pour la mère et ressentiment, dépeignant sans concession une guerre sociale amoureuse et le parcours d'une femme, détruite par son péché originel : la passion vouée à l'homme qui aura finalement anéanti tous les repères qu'elle s'était construits.

TONAS DE LARANXA (LORENZO MIGUÉNS, MARÍA / LORENZO BALEIRÓN, MANUEL) (Ficción moderna y contemporanea)

" Tonas de laranxa " , a novela gañadora do Premio Xerais 2012, é, segundo os membros do xurado, un «acto de amor á lingua, arrecendente, profundo, vivo, diverso e capaz de espertar a fame do lector ou lectora». Construíndo un espazo imaxinario e marabilloso, a novela, escrita a dúas mans por María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, filla e pai, narra o que sucede nese espazo, chamado Moreira, no que se van tecendo as vidas, por veces insólitas, de moitos personaxes curiosos, fabulosos, entrañables, que se acomodan na imaxinación dos lectores e lectoras e estimulan os nosos sentidos para crear unha atmosfera intemporal, sutil e poderosa ao tempo. A través de Uxío Oliveira, da súa cativadora avoa Aurora dos Santos, do inmigrante Amir Alfarat e da súa filla Oriana, do misteriosamente desaparecido Amaro e da curiosa peixeira Sofía Costa, e de tantos outros personaxes, os autores constrúen unha fabulación extraordinaria, que debulla os pequenos feitos que suceden na vila de Moreira. " Tonas de laranxa " bota man dunha linguaxe enormemente rica e fluída, evocadora. O resultado é unha novela de engaiolante beleza e musicalidade. O tratamento do tempo e a importancia dos reloxos dota a novela, paradoxalmente, dunha estraña e doce sensación de atemporalidade, empuxando á pracidez, á beleza e ao preciosismo.

HOSPITAL POSADAS (JORGE CONSIGLIO) (Ficción moderna y contemporanea)

El narrador, sumido en una especie de abulia, fluctúa entre la literatura y su trabajo como vendedor de instrumental médico, atento a todo lo que puede ser narrado en un cuento. Su presente transcurre al ritmo de la inexplicable demolición del petit hotel de fines del siglo XIX que tiene frente a su ventana. Y el pasado, a la luz de la toma del Hospital Posadas por los militares en el 76 para convertirlo en un centro de violencia y horror. Las esquirlas de ese pasado todavía punzan a principios de los ochenta, donde están Ángela, la primera novia del narrador, y Cardozo, el por entonces marido de la hermana de Ángela, un tipo misterioso, ex policía o ex militar, que luego de años desocupado, terminará involucrado en la dudosa investigación del secuestro de un importante empresario.

FRÍO COMO EL ACERO (SIMMONS, DAN) (Ficción moderna y contemporanea)

Parece que alguien ha decidido que el ex detective privado Joe Kurtz no merece ni un momento de sosiego. Cuando se despierta en el hospital con una herida de bala en la cabeza, sabe que el intento de asesinato no puede haber sido ordenado más que por dos personas: la bella y letal Angelina, cabecilla de los Farino, una de las familias de la mafia de Búfalo, o Toma Gonzaga, el mayor rival de Angelina, quien tiene sus propias rencillas con Kurtz. Lo extraño es que, cuando sale del hospital, ambos pretenden contratar sus servicios para averiguar quién está diezmando sus tropas. Atrapado entre la mafia y la policía, ignora que su verdadero enemigo es un maniaco que está esperando para atacar?

LA HOJARASCA (GARCIA MARQUEZ,GABRIEL) (Ficción moderna y contemporanea)

En La hojarasca nació Macondo, ese poblachón cercano a la costa atlántica colombiana que ya se ha convertido en uno de los grandes mitos de la literatura universal. En él transcurre la historia de un entierro imposible. Ha muerto un personaje extraño, un antiguo médico odiado por el pueblo, y un viejo coronel retirado, para cumplir una promesa, se ha empeñado en enterrarle frente a la oposición de todo el poblado y sus autoridades. Como en una tragedia griega -el libro lleva como lema una cita de Antígona, que recuerda la prohibición de enterrar el cuerpo de Polinice- el viejo coronel, su hija y su nieto van a cumplir la ominosa tarea. La acción, compuesta por la descripción de los preparativos para el entierro -una media hora- y los recuerdos de un cuarto de siglo de la historia de Macondo, de 1905 a 1928, se narra a través de los pensamientos de estos tres personajes. «De pronto, como si un remolino hubiera echado raíces en el centro del pueblo, llegó la compañía bananera perseguida por la hojarasca. Era una hojarasca revuelta, alborotada, formada por los desperdicios humanos y materiales de los otros pueblos: rastrojos de una guerra civil que cada vez parecía más remota e inverosímil. La hojarasca era implacable. Todo lo contaminaba de su revuelto olor multitudinario, olor de secreción a flor de piel y de recóndita muerte.»

EL AMANECER DE UN MARIDO (ABAD FACIOLINCE, HÉCTOR) (Ficción moderna y contemporanea)

El amor y el deseo de los primeros años de matrimonio terminan por extinguirse y en su lugar van apareciendo los silencios, las mentiras, un cariño soso que sabe a poco y la infidelidad. Con sus secretos a cuestas y sus verdades afiladas como cuchillos, los personajes de este libro se parecen más a la realidad que a la ficción. Y por eso sus historias hieren. El amanecer de un marido es una recreación honesta, y no por ello menos dolorosa, del tedio que se instala entre dos personas después de años de convivencia. En estas páginas, las relaciones maritales son retratadas en su ocaso desde una mirada sensible y con la violencia en Colombia como telón de fondo, como ya ocurría en El olvido que seremos.