LOS ESPAÑOLES PINTADOS POR SÍ MISMOS (TOMO 1)

LEYENDAS DE CARTAGENA III (SOLER CANTÓ, JUAN)

PASIEGOS DE LAS MACHORRAS, RITUAL FESTIVO DE LA ROMERÍA DE LAS NIEVES (GRADO MOLINERO, MAURICIO DE)

POR CAMINOS DE AMPUERO (GARPER, JESÚS)

MANUEL DE FALLA Y EL «CANTE JONDO» (MOLINA FAJARDO, EDUARDO)

LA PEÑA FLAMENCA «TORRE DEL CANTE» . CRÓNICA DE UNA INSTITUCIÓN (ALARCON SUÁREZ, MIGUEL)

TRADICIONES Y VIDA COTIDIANA EN LORQUÍ (MONTES BERNÁRDEZ, RICARDO)

HISTORIA DEL LUXO Y LAS LEYES SUNTUARIAS (SEMPERE Y GUARINOS, JUAN)

DICCIONARIO DOS SERES MÍTICOS GALEGOS (REIGOSA, ANTONIO/MIRANDA RUIZ, XOSÉ/CUBA, XOÁN RAMIRO)
Diccionario dos Seres Míticos Galegos é unha viaxe a través da mitoloxía do país, asentada, na oralidade dos devanceiros e, daquela, un libro de consulta práctico, útil e fermoso ó tempo, pero tamén é unha viaxe que atravesa páxinas de forte contido narrativo, e lectura amena, entretida e divertida. Co rigor dun diccionario e o feitizo dunha novela apaixonante, este libro constitúe unha das máis importantes aportacións ó patrimonio cultural galego nos últimos anos.Nas 710 entradas das que consta o Diccionario dos Seres Míticos Galegos pode o lector atoparse con xente cativa, xigantes, olláparos, ananos, xacias, sereas, xerpas, rabenos, encantos, lamias, lavandeiras; entrar no pazo dos mouros e conversar coa Mourindade; roubar o peite da moura; recoller carbóns que se convertan nun tesouro; sufrir con paciencia a trasnos, diaños e tardos; durmir con Pedro Chosco; ter medo da Estadea; fuxir con Brancaflor ou oír os contos de María Castaña.O lector poderá visitar as tumbas de Orcavella e a Raíña Lupa; asaltará casas con Pepa a Loba; beberá na fonte de Ana Manana; voará con meigas, chuchonas e nubeiros; correrá sete parroquias cos lobishomes; verá como Deus crea demos e anxos; asombrarase con lobos, cobras, dragóns, basiliscos, cocas, unicornios; navegará no Bergantín Pantasma; andará os camiños coas ánimas da Compaña; tremerá na noite ó escoitar o Paxaro da Morte; enfrontarase co Can Negro, co Lobo Branco, coa Peregrina, coa Zarrulada, co urco e coa Pastoriña; visitará cidades asolagadas e enterradas, como Antioquía, Lucerna ou Valverde, Pozos Peagos e entradas do inferno, Camiños ó Alén e Cabos do mundo; coñecerá os cocos, tales como o home do saco, o sacaúntos, Maríamanta, a meiga dos dentes verdes, o zampón e o orco; lerá o Ciprianillo e desatoará decididamente o saco para pillar os biosbardos. Para atopalos, só hai que abrilo por calquera páxina.




