CEMENTERIO DE ELEFANTES (ALONSO, FRANCISCO) (Gallego (galego))
CON BARQUEIRA E REMADOR (CASTAÑO, YOLANDA) (Gallego (galego))
EL MEJOR FRANCÉS DE BARCELONA (IGLESIAS, BIEITO) (Gallego (galego))
EL HOMBRE INÉDITO (MEIXIDE, CARLOS) (Gallego (galego))
EL ARTE DEL FRACASO (DÁVILA FERNÁNDEZ, BERTA) (Gallego (galego))
ALÉN DAS BRUMAS (GONZÁLEZ COSTA, TERESA) (Gallego (galego))
Que pode representar un faro unha noite de treboada? Un refuxio para maquillarse e esquecerse. A decisión de abandonar a ciencia e o mundo exterior. Unha loita con aparicións familiares e co pasado. Un intre para desdebuxar ese fío de voz insistente no vento. Pero que pasa se esa ecuación chamada Eloisa é de súpeto alumada polos propósitos e escintileos dun electricista inusual?
Que pode representar un faro unha noite de treboada? Un refuxio para maquillarse e esquecerse. A decisión de abandonar a ciencia e o mundo exterior. Unha loita con aparicións familiares e co pasado. Un intre para desdebuxar ese fío de voz insistente no vento. Pero que pasa se esa ecuación chamada Eloisa é de súpeto alumada polos propósitos e escintileos dun electricista inusual?LOIS PEREIRO . UNHA PERSECUCION (REGUEIRA, MARIO) (Gallego (galego))
CAUTIVÉRIO DE FINGOI . OS ANOS LUGUESES, 1950-1965, DE D. RICARDO CARVALHO CALERO (REIMUNDE NORENHA, RAMÓN) (Gallego (galego))
DRAMATÍCULAS (BECERRA ARROJO, AFONSO) (Gallego (galego))
A medio camiño entre un libro de contos e un de poemas sitúanse estas partículas. Algunhas dramáticas, outras posdramáticas. Nas primeiras encétanse fíos narrativos que se desenvolven pendurados da acción verbal, nas segundas ábrense fendas nas que a acción foxe do relato para ser son, movemento e xesto puros. Como na vida, hai escenas de amor e desamor. Hainas de personaxes que se buscan. Hainas de voces que non chegan a ser personaxes porque non dan construído a súa identidade. Hai escenas de sexo. Hainas de pensamento. Pero en todas, os personaxes, de habelos, han ser a actriz ou o actor que os actúe e os diga, han ser as lectoras e os lectores que queiran xogar con estas dramatículas. Porque, á fin e ao cabo, o que aquí se propón é un xogo coas voces que ha chamar polo corpo
A medio camiño entre un libro de contos e un de poemas sitúanse estas partículas. Algunhas dramáticas, outras posdramáticas. Nas primeiras encétanse fíos narrativos que se desenvolven pendurados da acción verbal, nas segundas ábrense fendas nas que a acción foxe do relato para ser son, movemento e xesto puros. Como na vida, hai escenas de amor e desamor. Hainas de personaxes que se buscan. Hainas de voces que non chegan a ser personaxes porque non dan construído a súa identidade. Hai escenas de sexo. Hainas de pensamento. Pero en todas, os personaxes, de habelos, han ser a actriz ou o actor que os actúe e os diga, han ser as lectoras e os lectores que queiran xogar con estas dramatículas. Porque, á fin e ao cabo, o que aquí se propón é un xogo coas voces que ha chamar polo corpoCANDO FÓRAMOS NEVAR (ARAGUAS, VICENTE) (Gallego (galego))
GALICIA E OS CELTAS (ALBERRO ALBERRO, MANUEL) (Gallego (galego))
MANUEL MURGUÍA (RABUÑAL, HENRIQUE) (Gallego (galego))
O presente libro propón-nos unha viaxe, ao tempo rigorosa e emocionada, pola biografia intelectual de Manuel Murguia durante a cal se percorre a história galega desde o levantamento de Solis en 1846 até os tempos esperanzados da II República. Na viaxe, xunto ao do Patriarca arteixán, outros nomes van cobrando vida: Aguirre, Pondal, Vicetto, Rosalia, Curros... Henrique Rabuñal quixo salvar do esquecimento, xustamente no 75º aniversário do seu pasamento, un dos nosos primeiros historiadores, un dos teóricos paradigmáticos do nacionalismo, pero tamén o xornalista comprometido, o crítico de arte e literatura, o home enfin que simbolizou como ninguén e durante case un século o compromiso con Galiza. Esa pretensión é a que levou ao xúri do Prémio Carvalho Calero a galardoar este ensaio chamado a converter-se en referéncia bibliográfica imprescindíbel dunha das personalidades máis ricas e emblemáticas da nosa história contemporánea. Premio Carvalho Calero de Ensaio 1998.
O presente libro propón-nos unha viaxe, ao tempo rigorosa e emocionada, pola biografia intelectual de Manuel Murguia durante a cal se percorre a história galega desde o levantamento de Solis en 1846 até os tempos esperanzados da II República. Na viaxe, xunto ao do Patriarca arteixán, outros nomes van cobrando vida: Aguirre, Pondal, Vicetto, Rosalia, Curros... Henrique Rabuñal quixo salvar do esquecimento, xustamente no 75º aniversário do seu pasamento, un dos nosos primeiros historiadores, un dos teóricos paradigmáticos do nacionalismo, pero tamén o xornalista comprometido, o crítico de arte e literatura, o home enfin que simbolizou como ninguén e durante case un século o compromiso con Galiza. Esa pretensión é a que levou ao xúri do Prémio Carvalho Calero a galardoar este ensaio chamado a converter-se en referéncia bibliográfica imprescindíbel dunha das personalidades máis ricas e emblemáticas da nosa história contemporánea. Premio Carvalho Calero de Ensaio 1998.NOVONEYRA, CELSO EMILIO. . OS EIDOS, LONGA NOITE DE PEDRA (VEIGA, MANUEL CASTELAO) (Gallego (galego))
Estes dous ensaios sobre Os eidos, de Uxío Novoneyra, e Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro caracterízanse por un triplo propósito: en primeiro lugar, o afán de fidelidade ao texto, a analizalo a partir de si, a explorar as súas articulacións, a procurar a relación de máxima intimidade con el; en segundo lugar, a tentativa de pensar o texto, levado pola imaxinación teórica propia do xénero ensaístico, nun xogo de ida e volta entre a análise minuciosa e a reflexión sobre o literario; en terceiro lugar, a vontade de comunicar esa experiencia a outros, achegándoa á sociedade da que e en que os textos nacen, tarefa esta máis premente cando a literatura constituíu e constitúe un lugar privilexiado na inacabábel construción da identidade de Galiza e na súa proxección universal. Por tanto, este traballo querería ser útil para calquera lector interesado na literatura e a cultura contemporáneas, para o investigador ou o especialista e, con certeza, para o profesional do ensino que queira beneficiarse dun traballo con efectiva aplicación á hora de axudar a ler, comprender e facer gozar estes textos aos seus alumnos, no ensino medio ou universitario.