Guiones de radio



V PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO (PACHO BLANCO, XOSÉ MANUEL / FREIXEIRA FERREIRA, EVA / MONTERO MARTÍNEZ, REBECA / MANUEL ROMÁN)
Xosé Manuel Pacho Blanco foi o gañador do Vº Premio de Teatro Radiofónico “Diario Cultural” da Radio Galega pola súa obra Paraísos acadando tanto o Premio do Xurado como o Premio da Audiencia. O xurado, formado por Ana Vallés, dramaturga e directora de teatro; Vanesa M. Sotelo, dramaturga e gañadora da IV edición do premio; Camilo Franco, xornalista e crítico de teatro; Ana Rosales, responsable de comunicación de AGADIC; e Ana Romaní e Anxo Quintela, directora e redactor do Diario Cultural da Radio Galega, acordou concederlle o premio á obra titulada Paraísos. O libro cedé coeditado por Xerais e a Radio Galega, ademais da obra gañadora, inclúe os textos e as gravacións das tres obras finalistas “Como eliminar as manchas de vómito” de Eva Freixeira Ferreira, “Carne de canón” de Rebeca Montero Martínez e “Señora Carme” de Manuel Román.

VII PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO (MARCO MEJUTO, RAQUEL / LISTA NEIRA, JESÚS / BAÑOBRE GONZÁLEZ, MARIÁN / CORTEGOSO CALVAR, SANTIAGO)
Desde #Chovencartos de Eva F. Ferreira, que recrea un mundo radiofónico inspirado quizás en A guerra dos mundos de Orson Welles, e para o que buscamos voces da radio que nos permitisen por uns segundos xogar coa verosimilitude da situación, pasando por un texto máis costumista, enraizado coas nosas lendas do mar, como O demo nunca dorme de Jesús Lista, gozando tamén da situación cómica de Despois do sinal de Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, a obra máis pensada para teatro na radio, e rematando coa opción poética de Suite en tres movementos para unha época de carraxe de Irma Amado. Os compañeiros actores e actrices achegaron unha parte primordial para aquelas obras que se basean no texto. A súa mestría permitiu darlle vida aos personaxes que por elas andaban na procura do alento final. Sen Chus, o realizador de son, sería imposible acadar as atmosferas que finalmente conseguimos para as obras. E sen os oíntes, que foron moi numerosos, non poderiamos ter pechado este ciclo. Eles dan o sentido final ao noso traballo. Este libro cedé está coeditado por Xerais e a Radio Galega.

DISCULPEN QUE LES HABLE DE LA RADIO (TOLENTINO, JAVIER)
La radio es un servicio público, de hecho las cadenas de radio privadas los son porque reciben una licencia del estado que debería perder cuando no son fieles a ese principio, cuando no sirven al ciudadano. ¿Cuándo una radio deja de servir al ciudadano? Cuando se convierte en una aparato de propaganda, cuando no informa con rigor, cuando ni siquiera se relaciona con el arte, con la cultura; cuando no crea. No debería existir diferencias entre medios privados y públicos porque ambos tienen la misma función: servir como medio de comunicación a la sociedad en la que están implantados, y transmitir a través de su programación los valores humanos de libertad, solidaridad e igualdad.