10+2, EL TRES RONDINAIRE
LA CASACA ROJA ; LOS DOS HERMANOS ; EL MAESTRO EFRÉN ; LA FUENTE DORADA ; TRES AGUJAS, TRES ESPIGAS Y LA FLAUTA MÁGICA ; LA SERPIENTE AGRADECIDA ; LA FLOR DE HELECHO
ANIMADHESIVOS, PERROS Y CACHORROS
EL MERCENARIO, 1. EL PUEBLO DEL FUEGO SAGRADO
HIRU SORGINAK
COMO SE LLAMAN?
TONY Y LA PUERTA MARAVILLOSA
JUGAR AL TEATRO
ARTURO QUIERE A VERÓNICA
LA CENICIENTA ; MARY POPPINS
LA CASA DE CAMPO
AS TUNDAS DO CORREDOR
O ZOMBI
Integrada por dez títulos profusamente ilustrados a toda cor por destacados ilustradores de recoñecido prestixio internacional. Os relatos, cheos de humor, foron escritos todos eles por Enric Lluch. Os protagonistas son criaturas ou monstros do imaxinario infantil relacionados co medo como a bruxa, o vampiro, o home do saco, o zombi, a pantasma, a momia, o ogro, o esqueleto, o monstro do armario e o home lobo. A intención da colección, ademais de entreter, é desdramatizar, con gran sentido do humor e fantasía, o papel que tradicionalmente exerceron estes seres terroríficos entre as nenas e os nenos. Ao final de cada conto, o lector atopa, ao xeito dunha clásica enciclopedia visual, unha divertida descrición do monstro en cuestión. Os dez títulos, que se presentan individualmente, tamén aparecen reunidos nun curioso baúl contedor de cartón ilustrado a toda cor. Escoller un bo zombi servente é máis difícil do que parece. Iso foi o que pensou o bruxo ao comprobar o zoupón que lle saíu o zombi que lle tocou en sorte.
