Infantiles, Juveniles y didácticos

O LADRÓN DE PAXAROS

Relato do escritor e xornalista afincado en Santiago de Compostela Paco López-Barxas, ilustrado pola artista e debuxante viguesa Chus Ferrín, que, cun transfondo claramente ecoloxista e de chamada ao respecto polos animais, conta as aventuras que vive e os perigos que ten que superar Martín e a súa almofada voadora para liberar todos os paxaros que viven colgados das súas gaiolas nas terrazas dos edificios da súa cidade.

O CASTELO DA PRINCESA

Este estoxo contén oito das túas historias de princesas preferidas, pero con unha diferenza: cada un dos contos está representado por un estupendo grupo de ratiños actores. Inclúe as adaptacións de Cincenta, A Bela Dormente, A Bela e a Besta, Rapunzel, Brancaneves, A Princesa e o chícharo, Polgarciña e As doce princesas bailarinas.