Saltar al contenido

Infantiles, Juveniles y didácticos

SERAFÍN, EL DELFÍN (Infantiles, Juveniles y didácticos)

Dos libros baño para que los niños y niñas disfruten en la hora del baño. Este momento será más agradable y entretenidopara ellos con estos dos libros. Además, cada título incluye un animal hinchable para jugar dentro del agua: el delfín Serafíny un pequeño cocodrilo. ¡Al agua, patos, y a divertirse!

DEZ ERAN DEZ (BABARRO, XOÁN) (Infantiles, Juveniles y didácticos)

Empregando unha estructura enumerativa, tódalas partes do libro xiran ó redor do número dez. Dende unha fermosa dedicatoria, que denota cada un dos dez primeiros números, ata o tradicional apartado de " Cando o autor fala de si " : " dez eran dez as dez estreliñas que paseaban nunha fria noite de nadal cando viran que a miña mamá se sentía mal. " O primeiro, " Dez parraguesas " , é un canto enumerativo decrecente: dez parraguesas están sentadas arredor da mesa comendo un pastel; a unha dóelIe un dente e marcha de repente, a outra dóelle unha moa e marcha ela soa... Así ata que queda unha soa, a grande larpeira, que deu conta do rico pastel.O segundo dos cantos, " Dez xoaniñas " , xoga moi habilmente cas nomes dos dedos das mans. Con este conto pódese xogar a miralo, seguindo as ilustracións a unha soa tinta nas que Lázaro Enríquez emprega uns grandes primeiros planos.O terceiro conto, " Dez vagalumes " , ten unha estructura enumerativa decrecente: dez vagalumes con dez faroliños van alumear de noite os veciños: o primeiro bate coa araña, o seguinte co escaravello, coa vacaloura, coa xoaniña, etc., ata que o derradeiro, ó acharse só, foí correndo ve-lo seu avó.O último dos cantos, " Dez abellas " , é o único do volume que ten un carácter enumerativo crecente: as abellas van á tenda (unha á tenda da esquina, dúas abellas van á tenda de branco do espiño albar, etc., ata que " Dez abellas voan xuntas nun magote á feíra enramada do señor Cichote " ).