Saltar al contenido

Infantiles, Juveniles y didácticos

LAS MONTAÑAS DE LA LUNA (MARÍN, FRANCISCO M.) (Infantiles, Juveniles y didácticos)

Berta, una chica de 14 años, va a Uganda en busca de su madre, enfermera de una ONG (Organización No Gubernamental). Su recorrido hasta Las Montañas de la Luna, ruta mítica de antiguos exploradores, la pone en contacto con paisajes y animales únicos. A través de su viaje descubre la amistad y el amor por una tierra que no conocía.Francisco M. Marín nació en la provincia de Zaragoza en 1956. Es autor de varias novelas, con una de las cuales, «La tumba del Galés», ganó el Permio de Novela Alba Prensa Canaria en 1997. Es autor de cuentos recogidos en volúmenes dedicados a Simbad, Casanova o La Biblia. Recientemente ha colaborado en los libros «Lo del amor es un cuento» y «El amor o algo así», este último publicado por Alba Editorial.

KALI (AMPARO GÓMEZ, Mª) (Infantiles, Juveniles y didácticos)

Nunha mestura fantástica de mito e realidade desenvólvese esta historia chea de misterio e intriga. Nela cóntase o que lle pasou a Kali, unha nena xitana. A partir da vida dos seus antepasados móstranse os costumes deste pobo desde a súa aparición na Europa do século XV ata os nosos días. Paios e xitanos aprenden a importancia de protexer as tradicións para que pasen de pais a fillos, como base da supervivencia dun pobo, sen esquecer que as novas xeracións deben adaptarse tamén aos novos tempos. Inténtase a través desta historia que os nenos rexeiten calquera tipo de discriminación aprendéndolles que todas as culturas poden convivir, sen imposicións, respectándose mutuamente, aportando de cada unha delas o máis rico, para mellorar unha sociedade na que todos temos cabida. Grazas ao esforzo e o tesón de Kali e coa axuda dos seus amigos paios Sara e Sebastián, despois de moitas peripecias conseguen salvar a súa familia e a súa xente. Neste relato, paios e xitanos colaboran xuntos nunha empresa común e sen a participación de todos non se podería chegar a unha boa fin.

UN HEROE DE NOSO TEMPO (LIERMONTOV, MIJAIL) (Infantiles, Juveniles y didácticos)

M. I. Liérmontof é considerado continuador e mesmo herdeiro de Puxquin no eido das letras rusas, que ámbolos dous cultivaron con apaixonada entrega. As semellanzas non se dan só na súa maneira de entende-la literatura, senón tamén nas súas vidas: ambos de berce aristocrático, amantes do seu pobo, de ideas liberais seguiron o vieiro encetado anteriormente polos decembristas... Amaron o témero Cáucaso e a el foron desterrados, e ámbolos dous tiveron unha morte tráxica, víctimas da trama política.Pechorin, o " heroe " atípico, ten ben que ver co seu creador e mais coa xuventude da súa propia época viciada de escepticismo, nugalla e descrimento xeral dos preceptos máis afincados na sociedade do seu tempo.

LA SELVA AZUL (COMOTTO ZANELLI, AGUSTÍN) (Infantiles, Juveniles y didácticos)

Este maquinista, con su locomotora, decide poner rumbo a una geografía que no conoce: la selva azul. Tendrá que ir muy lejos, hasta donde los raíles se terminan, y siempre pensará que ese viaje no le ha llevado a ninguna parte. Y tú, ¿has visto en este libro una selva azul? A veces, nos chocamos con la fantasía, pero resulta que estamos mirando a otra parte. Estad atentos.

PAPIROFLEXIA INICIACIÓN (PALACIOS, VICENTE) (Infantiles, Juveniles y didácticos)

A papiroflexia é a arte e, polo mesmo, a creación de figuras cunha recoñecible significación, mediante a pregadura –preferentemente fixa- dunha folla de papel. Esta arte inspira as súas normas en Occidente, na idea de creación do nada. Non podemos crear –evidentemente- do nada, pero si de case nada. Partimos da forma plana, por ser a máis parecida ao nada no mundo das formas; do papel, por ser algo accesible a todas e todos e de escaso valor; da súa forma cadrada preferentemente, por ser a máis simple. Servímonos só das mans para evitar o uso de instrumentos, agás en casos moi especiais. Consideramos o uso das mans como o recurso mínimo necesario. Partindo dun mínimo de recursos, tratamos de inventar as formas máis ambiciosas: figuras con movemento, con gran realismo, con incrible complicación e perfección etc. Ao estar feitas preferentemente mediante pregaduras fixas, podemos reter os seus procesos na memoria; ou tomalos como referencias para superalos ou perfeccionalos. Desta forma podemos dicir que a arte “avanza” obxectivamente. O proceso de pregadura de cada figura móstrase mediante unha sucesión de debuxos paso a paso, os símbolos admitidos internacionalmente en papiroflexia e un texto, claro e concreto, acompañando os debuxos en cada paso. Esta exposición gráfica constitúe un idioma internacional que todas e todos podemos entender facilmente. A papiroflexia ofrece a posibilidade de gozar da imaxinación creadora, e tamén a de reproducir e contemplar figuras que foron inventadas por outras persoas. E isto no medio de moi variados lugares ou circunstancias: no tren, na montaña, nunha sobremesa etc. Permite así mesmo a posibilidade de regalar obxectos normalmente de pouco custo, a quen poden aprecialos como obras do enxeño e da habilidade. En Oriente, xa desde antigo, fascinaba a contemplación dunha folla de papel coa súa perfección; e aplicaban a imaxinación e a habilidade para engadirlle novo encanto. Na actualidade, chegamos practicamente a unha arte común a todos. O principiante precisará saber como obter un papel cadrado a partir doutras formas. Ou o de formas xeométricas regulares. Ou de diferentes proporcións, para o que poderá necesitar de regra, escuadras, tesoira, círculo ou semicírculo graduado... Aquí empezaremos mostrando o máis necesario. Precisará tamén observar como se prega ben ou mal unha folla, para poder así depurar a súa propia forma de pregar. Dentro do libro veremos 28 modelos de figuras ordenados polo seu grao de dificultade, moi aptas para o principiante.