Saltar al contenido

Infantiles, Juveniles y didácticos

CLARA NON PARA (LLAMERO, BRAULIO) (Infantiles, Juveniles y didácticos)

A colección presenta relatos con protagonismo de nenas e nenos de 6 a 8 anos que nos mostran as súas vivencias máis próximas e nos sitúan ante temas como a alimentación, a independencia, o ocio, os ataques a natureza etc. Clara é unha pequerrecha total e non para quieta nin un segundo: preme os botóns da tele, tira as figuriñas da avoa e, cando lle poñen música, non deixa de bailar. A súa irmá di que é como unha bulebule, unha escavadora e un terremoto, aínda que as dúas xuntas se divirten unha barbaridade. Braulio Llamero e Eider Eibar teñen moitos anos, máis que dedos nas dúas mans, pero desde o seu espírito infantil elaboraron este libro entrañable.

O RELOXO QUE NON SABÍA DICIR CUCÚ (BAQUEDANO, LUCÍA) (Infantiles, Juveniles y didácticos)

O príncipe de Castelburgo non sabía rir. Para non molestalo, os seus súbditos deixaron de facer festas, de ler libros divertidos e de contar chistes. Así, as risas desapareceron de todo o reino. Até que un bo día, un reloxo de cuco defectuoso cambiou o destino do príncipe. Lucía Baquedano e Miguel Calatayud elaboraron un conto fantástico que te fará rir cada vez que saia o paxariño a dicir “cucú”... ou non?