Saltar al contenido

Infantiles, Juveniles y didácticos

ARROMBA O TEU COLEXIO (LÓPEZ MARTÍNEZ, CRUZ) (Infantiles, Juveniles y didácticos)

Con este divertido libro de palabras en galego e inglés, os máis pequenos darán os seus primeiros pasos nos dous idiomas. Unha simpática parella de nenos conduciraos polas distintas zonas dun colexio para que aprendan o nome dos obxectos sinalados. Ademais, en cada páxina atoparán lapelas para levantar, debaixo das cales hai… aínda máis cousas!

O CEO DOS AFOGADOS (CASTRO VELOSO, FRANCISCO) (Infantiles, Juveniles y didácticos)

Todos os delfíns de todos os mares, todos os delfíns de todos os océanos, todos os delfíns de todo o planeta decidiron xuntarse á mesma hora no mesmo punto de todos os mares, de todos os océanos de todo o planeta para dende alí avanzar cara á costa. Ás seis horas xustas de ter iniciado aquela estraña peregrinación, como chamados por unha orde misteriosa, pararon, todos de súpeto e de vez. Os científicos amosáronse abraiados diante do silencio, absoluto, en que ficaron instalados os golfiños en cousa de poucos segundos. Todos calados. Coma mortos. Coma á espreita. Coma afogados. Desde aquel intre, as fotografías que foron ofrecendo os satélites e as imaxes emitidas polas canles de televisión sobre o fenómeno resultaron, primeiro sorprendentes e logo arrepiantes: centos de miles de golfiños configuraban círculos case perfectos repartidos por toda a xeografía marítima planetaria. Ninguén sabía explicar que estaba pasando. O ceo dos afogados, primeira novela de Francisco Castro na colección Fóra de Xogo e finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil, aborda -baixo a aparencia dunha novela de aventuras e intriga- a importante cuestión da comunicación dos seres humanos cos animais e o desenvolvemento sostible do planeta.