👆 PULSAR EN LA IMAGEN PARA VER EL LIBRO
Ninguén sabe como choveu aquela noite na estación. " Hai anos... " non di o real: o real é agora para min a negación dos minuciosos azares diarios, os xestos repetidos no baleiro incontestable de cada xesto.A memoria da estación tivo a consistencia dunha mazá madura. Agora é incompresible coma o eco que devolve un pozo. Non sinto aquela noite, e esa sensación obra no meu cerebro na forma dunha froita reseca.