👆 PULSAR EN LA IMAGEN PARA VER EL LIBRO
Eugenia Osterberger (Santiago de Compostela 1852, Niza 1932) foi unha das protagonistas da escena musical galega no século XIX, contribuíndo de forma singular á creación dunha música galega académica de raíz popular. Participou de forma activa na vida cultural e social da Coruña e Compostela e foi académica correspondente da Real Academia Galega desde a súa fundación. Osterberger creou composicións para piano solista así como cancións ou melodías galegas para voz e piano. Estas últimas conforman o repertorio do CD que aquí presentamos.