Harry Potter continúa as súas andanzas para deleite dos seus pequenos lectores e lectores en galego. Nesta segunda entrega, xa é meigo e vai comezar o seu segundo curso na escola de maxia e artes secretas. Para alí se dirixe… ¡nun coche voador! Porque están a acontecer cousas terribles que Harry e os seus amigos Ron e Hermione aínda non están preparados para afrontar: seica alguén abriu a Cámara dos Segredos, deixando escapar algúns monstros arrepiantes. Libro seleccionado para a lista de honra do IBBY 2006