Na actualidade resulta esencial adquirir unhas nocións básicas de inglés para poder desenvolver unha carreira profesional, así como para viaxar. Para chegar a comprender a mensaxe de calquera texto escrito neste idioma, é necesario dominar a súa gramática. Este material didáctico recolle o vocabulario fundamental e os verbos máis utilizados desta lingua co fin de que o lector poida desenvolverse no citado idioma. Ideaspropias Editorial con este manual pretende ofrecer un recurso útil, sinxelo e eficaz, que permita coñecer as indicacións e as pautas fundamentais para desenvolverse en diferentes contextos e múltiples situacións da vida diaria.