Este volume, que recolle a obra en prosa de Manuel Antonio, forma parte dun proxecto conxunto entre a Real Academia Galega e a Fundación Barrié e permitirá, por fi n, a publicación da obra completa do escritor rianxeiro. O devandito proxecto inaugura tamén unha nova colección, con vocación de futuro, que se denominará Clásicos da Academia. Co título de Prosa literaria agrupamos un total de quince títulos que recollen os textos de creación literaria, todos eles narrativos, inéditos na sua maior parte