O proxecto Máis Celme para Globalizado é unha proposta integradora para os alumnos de 2º de Primaria que engloba nunha mesma unidade didáctica as áreas de Lingua, Ciencias da Natureza e Sociais. O libro A por todas! ten un formato trimestral. Baséase en actividades contextualizadas e próximas, e propón apoio visual con imaxes reais, seguimento da aprendizaxe e propostas de traballo globalizadas. Cada unidade inclúe unha lectura d’A CUADRILLA DO ESQUÍO cun audio asociado. O libro do alumno tamén inclúe un caderno de LECTOESCRITURA para que os nenos aprendan as letras.