Con estas receitas, Rufo pretende que os pequenos preparen os seus pratos dunha forma divertida, e depois gocen desa comida. Sempre baixo a supervisión, ou contando coa axuda dos seus maiores, que tamén os guiarán e gozarán con eles deste apaixonante mundo. Ademais busca que os cativos coñezan un pouco máis os alimentos, de onde proceden, coñecer as bondades dunha cociña saudable, e que aprendan a gozala como se merece.