¿El que sabemos dos Reis Magos? Unicamente que chegaron a Belén, preguntaron polo reí dos xudeus que acababa de nacer pois viran a súa estrela en Oriente e víñano adorar, encoméndalles Herodes que lle procuren noticias do Neno, e eles ofrécenlle ouro, incenso e mirra a este... segundo San Mateo. E nin cousa máis. O resto son conxecturas. Nin sequera hai noticia de seren reis nin seren tres.Pois velaquí a saga dos reis magos. Unha estraña e bela aventura. Narración filosófica, coma a maioría da obra de Tournier, que se mergulla nas fontes da espiritualidade occidental, parodia, recompón e xoga coas ideas, para darnos unha versión sumamente atractiva e orixinal.