A planificación lingüística, forma concreta do que de xeito xeral é denominado política lingüística, non é máis que a versión moderna dunha antiga tentación. Se a guerra é a continuación da política por outros medios, a política lingüística é ao revés, a forma civil da Guerra das Linguas. A partir de exemplos africanos, latinoamericanos, europeos e asiáticos, o autor analiza as estratexias da política lingüística e chama a unha reflexión sobre o futuro das nosas linguas, sobre os medios de defendérmolas no respecto das outras. Tradución do francés de Xoán M. Garrido Vilariño.