Resultados de la búsqueda para: Alfonso Rodríguez Castelao





ALBA DE GLORIA (RODRÍGUEZ CASTELAO, ALFONSO DANIEL)
O libro Alba de gloria reproduce o discurso pronunciado por Castelao o 25 de xullo de 1948, do que se coñecen diversas variantes, a primeira delas publicada naquela altura no número 463 de A Nosa Terra. Esta edición recupera a que se ofrece no volume IV das Obras de Castelao e que se basea tanto nas versións xa publicadas como nos mecanoscritos, ata entón inéditos, custodiados no Museo de Pontevedra.

COUSAS DA VIDA I (RODRÍGUEZ CASTELAO, ALFONSO)
A obra gráfica de Castelao que recollemos nesta primeira entrega de tres volumes comprende unhas fronteiras cronolóxicas que se estenden dende o primeiro número do xornal vigués Galicia (1922-26), deica a derradeira colabioración do noso dibuxante no Faro de Vigo (a onde pasa dispóis de pecharse o Galicia). Pödese decir que nestes dous xornales vigueses foi onde debullóu as mellores ideas plásticas que se teñen visto no campo do humorismo galego. Longa serie de dibuxos -cicáis máis de 1.500 en total- dados ó prelo baixo o rubro de "Cousas da vida", aínda que algunhas outras veces leven tiduo diferente

AS CRUCES DE PEDRA NA GALIZA (RODRÍGUEZ CASTELAO, ALFONSO)
Facsímile do último libro que Castelao deu a imprimir antes do seu falecemento. Trátase dun amplo estudio feito no marco do Seminario de Estudos Galegos sobre as cruces de pedra en Galicia, no que se investiga a linguaxe formal destas expresións artísticas tan características do noso país. Castelao pon, ademais, estas cruces en relación coas do mundo celto-atlántico (Escocia, Irlanda, Bretaña) e afonda na idea de afinidade cultural con eses países. Este libro de formato grande incorpora numerosos debuxos así como láminas con ilustracións feitas polo propio autor e algunhas fotografías.

UN OJO DE VIDRIO (RODRÍGUEZ CASTELAO, ALFONSO DANIEL)
“Bajo el humorismo siempre hay un gran dolor; por eso en el cielo no hay humoristas”. Con esta cita de Mark Twain abre Castelao este relato en el que un esqueleto desgrana sus memorias. Y “un esqueleto tiene que ser humorista y un esqueleto gallego mucho más aún. Un gallego siempre es socarrón o humorista y la socarronería es el humorismo de los incultos así como el humorismo es la socarronería de los cultos”. UN OJO DE VIDRIO es un relato de humor macabro. Aunque no se trate propiamente de un relato, sino de una suma de brevísimas historias, cuya unidad es simplemente de lugar y de trama. Las memorias del esqueleto, referidas por éste en primera persona, están precedidas de un prólogo y un epílogo, en los que también en primera persona habla el autor, médico y antiguo estudiante de Compostela, es decir, el propio Castelao. La obra está salpicada de alusiones satíricas de tipo político y social, y con un final marcadamente anti-caciquil. Pero son ante todo un ensayo teórico-práctico sobre el humorismo, sobre todo si tenemos en cuenta que originalmente formaba parte de una conferencia sobre el humorismo y la caricatura, que también se reproduce en esta edición.

OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE (RODRÍGUEZ CASTELAO, ALFONSO)

Preparada por Manuel Rosales, Os vellos non deben de namorarse é unha excelente mostra das ideas e das capacidades teatrais de Castelao, que logrou plasmar nesta peza un mundo escénico no que a tradición popular galega avivece en contacto coas tendencias renovadoras do teatro europeo. Pedra angular da literatura dramática galega, a popularidade desta fermosa obra non deixou de medrar desde a súa estrea en Bos Aires no ano 1941. Chega agora esta versión dentro da Edición do cincuentenario, ilustrada coas láminas en branco e negro e en cor elaboradas polo propio Castelao.

COUSAS (RODRÍGUEZ CASTELAO, ALFONSO)

Cousas é a creación literaria máis orixinal que nos deixou o artista de Rianxo. Con este libro publicado por primeira vez no ano 1926, Castelao inventa un xénero novo e persoal. A través destas breves narracións consegue expresar a realidade esencial do pobo galego. Emoción e sentimento únense a un senso do humor extraordinario que fai da súa lectura unha experiencia única. Editorial Galaxia incorpora esta nova edición (a número 22) á Biblioteca Castelao ilustrada con obras do propio autor.