Resultados de la búsqueda para: Anxel Fole

OBRA LITERARIA COMPLETA III – ANXEL FOLE
Os dous primeiros volumes reúnen a obra en galego do autor de Lugo, volumes que xa se publicaran por primeira vez no ano 1997; por iso era agora necesario reunir a súa dispersa obra poética e narrativa en castelán e unha mostra significativa da súa extensísima producción xornalística, pois non parece posible coñecer ou comprender a traxectoria creativa e profesional foleana sen contar con estoutra dimensión lingüística. A fins dos anos vinte, Fole comezou a escribir os seus primeiros poemas en castelán. Non obstante, non compilará nunca esta producción nun volume e mesmo non a dará a coñecer na prensa literaria e diaria ata moi avanzada a posguerra. Desde os anos cincuenta escribiu xa moi pouca poesía, aínda que foi precisamente nos últimos anos cando deu a coñecer e reeditou boa parte da elaborada antes, así como cando compuxo os seus escasos poemas en galego. Os tres volumes da súa Obra literaria completa, reúnen por primeira vez, xunto ao Fole máis coñecido e fundamental para a narrativa galega, aqueloutra obra en castelán que ata o de agora se atopaba dispersa e que ha axudar a comprender mellor a evolución da obra en galego e algunhas das influencias que a determinaron, amais de ampliar o retrato de Ánxel Fole cunha faceta indispensable da súa vida, a do profesional do xornalismo.

OBRA LITERARIA COMPLETA II – ANXEL FOLE

A VIDA DE ÁNXEL FOLE (CASARES, CARLOS)
Esta biografía conta sucesos e incidencias da nenez de Fole, da súa mocidade universitaria e da súa aproximación ao galeguismo nos tempos da República. E por suposto, aparece tamén nestas páxinas o Fole escritor.

CONVERSAS CON ÁNXEL FOLE (CASARES, CARLOS / FOLE, ANXEL)
Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002) pregunta e Ánxel Fole (Lugo, 1903-1986) responde. O resultado é abraiante: unha das personalidades máis fortes e ricas da Galicia do século XX dá as súas orixinais e particularísimas opinións sobre a literatura, a pintura, a violencia, a música, a gastronomía, a xente... Con imaxinación e agudeza, Fole non ten inconveniente en dicir o que pensa.

ÁNXEL FOLE. 101 ANÉCDOTAS (VEGA, ÁNGEL DE LA)
Este libro do xornalista lucense Ángel de la Vega recolle cento e unha anécdotas tiradas da súa longa amizade con Ánxel Fole. Anécdotas, en moitos casos, contadas por Fole, outras vividas a súa beira e un bo feixe referidas por amigos e compañeiros do xornal " El Progreso " ou de " Hoja del Lunes de Lugo " , onde eles traballaban. Anécdotas que desvelan a personalidade do escritor e unha gracia de seu, deixando un ronsel de agudo enxeño, moi característico deste mestre do humorismo e da fábula de quen conmemoramos o centenario do seu nacemento. Anécdotas de Fole que se refiren a súa infancia, a súa mocidade, ás tirapuxas que sucedían cos seus compañeiros, ás súas viaxes en automóbil cos amigos, ás comidas que lle servían para contar e fabular, ao seu xeito de escribir, ás lembranzas de triunfadores e vencidos... Con todo, máis que a personalidade, máis que a súa vida, máis que a biografía, estas cento e unha anécdotas descubren a verdadeira alma do escritor: O Fole fabulador, o Fole humano. Neste libro está a outra vida foleana.