Resultados de la búsqueda para: Manuel Murguía





A GARZA INSOMNE . CERTAME DE NARRACIÓNS BREVES MANUEL MURGUÍA 2013-2015
Nove obras literarias que, como un presente, chegan a nós tan diversas como cativadoras. No seu interior discorren paixóns e gozos dignos de ser descubertos: a brutalidade da guerra, a vaidade intelectual, o peso da culpa, a frustración amorosa, as profesións máis sanguinarias, a vinganza, a felicidade imposible, estraños crimes, difíciles decisións, o verdadeiro e o falso coñecemento, o costumismo máis rico e en xeral as enerxías telúricas que nos moven, inexorablemente, a continuar vivindo. Todo isto reunido baixo a imaxe dunha garza insomne... Por que? Porque a obra literaria, en esencia, non é outra cousa que unha proposta de harmonía perante o caos, unha incesantemente nova interpretación o mundo, o diversos reunido no único, coma se esa moura ancestral que preside desde sempre os nosos castros nos enviase un animal tan sabio que coñecese cada historia do mundo, un animal viazxeiro que todos os pobos veneran e que vela por nós desde os nosos encoros e ríos.

MANUEL MURGUÍA (RABUÑAL, HENRIQUE)
O presente libro propón-nos unha viaxe, ao tempo rigorosa e emocionada, pola biografia intelectual de Manuel Murguia durante a cal se percorre a história galega desde o levantamento de Solis en 1846 até os tempos esperanzados da II República. Na viaxe, xunto ao do Patriarca arteixán, outros nomes van cobrando vida: Aguirre, Pondal, Vicetto, Rosalia, Curros... Henrique Rabuñal quixo salvar do esquecimento, xustamente no 75º aniversário do seu pasamento, un dos nosos primeiros historiadores, un dos teóricos paradigmáticos do nacionalismo, pero tamén o xornalista comprometido, o crítico de arte e literatura, o home enfin que simbolizou como ninguén e durante case un século o compromiso con Galiza. Esa pretensión é a que levou ao xúri do Prémio Carvalho Calero a galardoar este ensaio chamado a converter-se en referéncia bibliográfica imprescindíbel dunha das personalidades máis ricas e emblemáticas da nosa história contemporánea. Premio Carvalho Calero de Ensaio 1998.