Resultados de la búsqueda para: Xurxo Borrazás





COVALLADAS. PROSA VERTICAL (BORRAZÁS FARIÑA, XURXO)
Neste libro de estrutura rizomática e aparencia alegórica hai máis parodia que alegoría, parodia do literario, da vida e das convencións. No ronsel de Sterne e Swift, de Lewis Carroll, Kafka ou Beckett, ou das lendas tradicionais galegas e europeas das covas e dos mouros, en Covalladas, Xurxo Borrazás achega unha historia que salta por riba das palabras, un humor que xoga a dotarse de sentido sen caer na trampa de reducilo todo ao sentido.

ARTE E PARTE. DOS PATRIARCAS Á ARTE SUICIDA (BORRAZÁS, XURXO)
Este libro ofrécese ao público como escenario de conflito, como problematización duns conceptos culturais tan asumidos que se converteron en paisaxe e deixaron de ser útiles. Dun xeito ameno, rigoroso e heterodoxo, o autor parte da experiencia literaria para repensar o carácter da arte contemporánea, a realidade social, política e artística da Galiza de hoxe. Chégase así a unha visión válida e non simplificadora da nosa tradición, dos procesos de creación, do papel das institucións e do pensamento crítico.