A avoa Encarna naceu e viviu coma un paxaro. Un día abriu as ás e saíu pola fiestra na procura dunha árbore onde facer un niño e ficar nel para sempre. Agora, cando canta a merla, todos sabemos que é a avoa Encarna quen nos fala para dicirnos que está aí, que nunca nos abandona.