Non todas as vasoiras son iguais, nin todas serven para o mesmo. Hai vasoiras máxicas que, amais de limpar o po, teñen poder para limpar as tristezas, para lles facer cantar aos paxaros e, sobre todo, para viaxar dun sitio a outro sobre elas. Pero, por moita imaxinación que teñades, non descubriredes agora por que a Bruxa do dente pasou a ter un novo alcume.