Como descrición rigorosa do complexo ecolóxico que conforma a rede fluvial galega, esta guía analiza as diversas plantas que poboan o río nas súas diferentes etapas, detalla a composición do bosque de ribeira e describe os animais que o habitan (aves, peixes, réptiles, anfibios, mamíferos e invertebrados). Ademais, traslada tamén a idea da percepción do río como escenario de tranquilidade e reflexión, espacio máxico que transmite sensacións terapéuticas a todo aquel que se deteña a observa-lo discorrer da auga e a vida que se move ó seu redor. Unha guía de campo imprescindible, axustada á perfección á realidade dos nosos ríos e ribeiras.