José Gómez de la Cueva, que asinaba os seus traballos co pseudónimo Johan Carballeira, foi un dos xornalistas galegos máis valorados durante os anos anteriores á guerra civil. Os seus artigos, reportaxes e entrevistas publicáronse sobre todo en xornais galegos (?Faro de Vigo?, ?El Pueblo Gallego?) e tamén de ámbito español (?Ahora, ?El Sol?, ?La Voz de Aragón?), distribuídas pola Axencia EDIM. Tamén publicou en revistas que se difundían en todo o Estado, como ?Estampa? ou ?Gaceta de Galicia?. Como poeta publicou a súa obra tamén en xornais e revistas pero non puido levar a cabo o proxecto, anunciado antes da súa norte, de publicar unha escolma co título de ?Cartafol de poesía?. Elixido alcalde de Bueu (Pontevedra) polo Partido Galeguista en 1936, o seu traballo neste eido transcendeu o ámbito municipal para ocuparse dos problemas das clases traballadoras, fundamentalmente mariñeiros, e mediar coas forzas políticas e empresariais as súas condicións de traballo. A guerra civil provocou a súa detención e, despois de un consello de guerra, foi condenado a ser fusilado, sentencia que se levou a cabo o 17 de abril do 1937. ?A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johan Carballeira)? é unha recompilación comentada e contextualizada da maior parte dos seus traballos publicados nos xornais e nas revistas nas que colaboraba. Aquí están a práctica totalidade dos seus escritos xornalísticos clasificados por bloques temáticos (política, cultura, lingua?) e por xéneros xornalísticos e ordenados cronoloxicamente.