Mirandolina, proprietaria e dona da sua pousada, non pode aturar, nin admitir, nin tolerar, afeita como está a receber o rendido tributo de pleitesía de todos os hóspedes -variopinta galería masculina- a desatención do Cabaleiro de Penacrechao Pretende-lle dar unha lección. E principia o seu xogo seductor. Estanos no XVIII, Século das Luces, das galanterías, dos rituais cortesáns, das aparencias. A procura da felicidade empeza a se converter nun feito irrenunciable, o sorriso da razón a se debuxar na faciana das xentes, o seu sentimento profano a dar terra ao relixioso; o universo fiminino inícia a súa oposición ao mundo masculino: está a dar comezo a transformación do pensamento e da vida europeas. O almanaque camiña cara a súa histórica modificación; os " sans-culottes " están a bater, máis que a chamar, nas portas. E Mirandolina ten madeira de seductora.