A Lúa é confidente de poetas e pintores, de soños, de esperanzas, e tamén é cómplice dos nenos que están a piques de nacer. A Lúa vístese de moitas cores, dorme polo día e érguese coa noite. Á súa sombra, goza destes versos, que son novos lueiros de papel.