Alba ten doce anos. É unha rapaza coma calquera dos rapaces e rapazas da súa idade: xoga, estuda, pasea, baila... Se algunha característica especial ten Alba, quizais sexa a de saber utilizar as súas calidades naturais para facer cousas que parecen extraordinarias. E iso é porque ela... Non! Non cho vou dicir polo de agora: é un segredo!