Esta nova edición, na que se que recuperan os textos orixinais dos poemas tal como foron publicados en vida do autor, correu a cargo da profesora e poeta Lucía Novas. A obra de Ramón Cabanillas é fundamental para a historia da poesía galega do século XX. A antolóxía está ordenada seguindo as diferentes facetas ou rexistros líricos do poeta: desde o poeta cívico e social ao costumista e satírico, incluíndo as traducións parafrásticas que Cabanillas fixo de poemas de Heine, Goethe, Christina Rossetti ou Baudelaire.