... Da nostalxia? Pois non, da nostalxia nunca el me falou, aínda que se cadra deu por sentado que eu caería niso habida conta a súa condición de poeta (...) Home, eu non sei se será como ti dis e resulta que no hai nostalxia idéntica a outra, pero nese caso, así de primeiras, eu inclinaríame por ser a nostalxia de Xabier como unha que vén en Jack London, que non é nostalxia senón ardil de caza dun neno pequeno e esquimal, que cazaba osos tirándolles de comer baluguiñas de unto nas que agachara barbas de balea afiadas como espetas. Ó se derreter unto nos adentros do animal aquelas barbas librábanse pouco a pouco, como paseniño tamén se achega a morte: unha morte pola que oso sabía que era el mesmo quen a chamaba desde os seus adentros, anque talvez por non recoñecer a voz como a súa propia, digo eu, pensara o oso que era a mesma alma quen falaba. E ó mellor é así a nostalxia de Xabier, penso, se cadra como aquela nostalxia que mata a un oso. Se cadra.De "Isto non é un prólogo".Xe Freyre...O río permanecePorque esquece a augaSó o salgueiro vivo sabe a lenda da vida.