A HERDANZA EPIGRÁFICA DO SANTUARIO DO MONTE DO FACHO (KOCH, MICHAEL)

SAN JUAN DE CAAVEIRO . UN MONASTERIO ENTRE LA NATURALEZA. ANÁLISIS GRÁFICO, ARQUITECTÓNICO Y PAISAJÍSTICO. (YÁÑEZ RODRÍGUEZ, JOSÉ MANUEL)

FERROL Y SU COMARCA . EL PATRIMONIO INDUSTRIAL (BURGOA FERNÁNDEZ, JUAN JOSÉ)

EDUARDO RODRÍGUEZ-LOSADA REBELLÓN: CATÁLOGO DE PARTITURAS (LIAÑO PEDREIRA, MARÍA DOLORES)

ACHEGAMENTO AO LIBRO . NON PERDAS O TREN. ¡LE!

EL CAMINO DE SANTIAGO

OS NOMES DA TERRA DE VIGO . BERBÉS, OITAVÉN-VERDUGO (SACAU RODRÍGUEZ, GERARDO)

SANTIAGO DE COMPOSTELA (RODRÍGUEZ EANES, RICARDO)

A PENA DAS CALANDRAS (DOPICO CACHÁN, OBDULIA)

PLANIFICACION, ORGANIZACIÓN, XESTIÓN E AVALIACIÓN DE PROXECTOS EDUCATIVOS DE TEMPO LIBRE INFANTIL E XUVENIL (PILAR SILVA MORUJA)

RÍAS DE PONTEVEDRA Y VIGO

A VIAXE DE BRANDÁN (LÓPEZ RETORTA, TOMÁS)

PINTURAS DE GUERRA (DE LA CALLE, ÁNGEL)

GUÍA SANTIAGO (CABALLERO MARCOS, PABLO)

A CORUÑA LIBERAL. 1808-1874 (ROMERO MASIÁ, ANA)
A Coruña goza de sona de cidade liberal, progresista, democrática e mesmo republicana. O presente estudo presenta unha colección de documentos nos que se manifestan estas actitudes ao longo das etapas históricas, complementado cun interesante e ilustrador prólogo do historiador e Presidente da Real Academia Galega, D. Xosé Ramón Barreiro Fernández. Na historia de España que transcorreu entre as significativas datas de 1808 -inicio do liberalismo- e 1874 -inicio da restauración- diferéncianse con claridade unha serie de períodos marcados pola existencia ou ausencia de liberdades e dereitos políticos, e que se manifestaban especialmente na vixencia ou suspensión do sistema constitucional. A través da actividade do Concello coruñés pódese seguir puntualmente a sucesión de acontecementos que marcaron os cambios de rumbo na política española neste período, destacando a súa aposta decidida en varios momentos para iniciar ou contribuír loita polas liberdades. Porén, non se trata neste estudo, de presentar a historia política española a través dunha selección documental coruñesa, senón de destacar o papel desempeñado polas autoridades municipais e a cidadanía naqueles momentos máis significativos que permitiron cambios de carácter progresista e democrático, ofrecendo, como contraste, a actuación de Corporacións contrarias a estes principios e idearios. As fontes utilizadas son todas elas de carácter primario, é dicir, coetáneas dos feitos, e consérvanse, agás escasísimos casos, no Arquivo Municipal da Coruña. Trátase basicamente de textos de carácter político que responden a catro tipos de documentos: bandos, proclamas, manifestos e actas de acordos da corporación municipal. Todo o anterior fai deste libro, que abre a colección "Retallos da nosa historia", unha obra de grande importancia e interese para a divulgación da "pequena historia" da cidade da Coruña, co interese engadido de presentarnos os nomes das persoas de máis influencia da época.