Lingüística

PARA UN ESTUDO XEOLINGÜÍSTICO DOS CAMPOS LEXICAIS . ANÁLISE DE DESIGNACIÓNS GALEGAS DO ÁMBITO DA GANDARÍA (ÁLVAREZ PÉREZ, XOSÉ AFONSO)

Este traballo estuda unha selección de conceptos pertencentes ó campo lexical da vaca, animal totémico na cultura galega, sobre o que se teceu unha rica rede de designacións que nomean diferentes aspectos do seu físico, produtos derivados, etc. En concreto, analízanse dezaseis designacións, referentes á anatomía da vaca e ós nomes da cría e o animal adulto.