Saltar al contenido

Literatura: historia y crítica

LORENZO VARELA. VIDA E OBRA (BERNÁRDEZ, CARLOS L.) (Literatura: historia y crítica)

“Lorenzo Varela. Vida e obra” ofrece un percorrido claro, gráfico e didáctico en torno á vida e á obra da figura homenaxeada nas Letras Galegas 2005. Estudiando unha a unha as etapas da súa vida (Infancia e mocidade, 1916-1936; A guerra, 1936-1939; O exilio en México, 1939-1941; e O exilio arxentino, 1941-1976), e dedicando un capítulo especial á poesía galega de Lorenzo Varela, o profesor Carlos L. Bernárdez (o primeiro estudoso da súa obra literaria galega e un dos investigadores máis destacados do seu labor como crítico de arte ) aborda todas as cuestións fundamentais da vida e obra do poeta galego.

COMENTARIOS DE TEXTOS POPULARES E DE MASAS (RODRÍGUEZ FER, CLAUDIO/ED. LIT.) (Literatura: historia y crítica)

Claudio Rodríguez Fer reuniu neste libro un conxunto de esclarecedores comentarios de textos literarios galegos contemporáneos, sete en prosa e sete en verso, que exemplifican diversos métodos e enfoques de análise, coa fin de contribuír a desenvolver unha práctica crítica e docente tan importante para a nosa cultura como para o noso ensino.Así, aparecen investigacións fundadas na interpretación ecdótica, na erudición documental, nos métodos de análise intratextual (estilístico, estructural, semiótico, narratolóxico, recepcional, pregmático) e nos enfoques de carácter extratextual (intertextual ou comparado, histórico-literario, histórico-social, antropolóxico-etnográfico, ideolóxico-filosófico, biográfico-psicolóxico).Deste xeito, importantes autores de textos poéticos (Rosalía, Pondal, Curros, Pimentel, Aquilino, Ferreiro, Tovar), narrativos (Castelao, Otero, Cunqueiro, Ferrín), ensaísticos (Dieste, Manuel Antonio) e teatrais (Blanco Amor) son comentados por estudiosos é profesores tan diversos como Xesús Alonso Montero, Xosé Filgueira Valverde, Arcadio López Casanova, Carmen Blanco, Anxo Tarrío, Darío Villanueva, Luís Miguel Fernández, Arturo Casas, Ricardo Carvalho Calero, Mª Carme Ríos Panisse, Xosé Manuel Salgado, Claude Henri Poullain, Andrés Torres Queiruga e Luís Alonso Girgado.