Material didáctico

DESEÑO EN FORMACIÓN OCUPACIONAL E INSERCIÓN LABORAL (SARCEDA GORGOSO, Mª CARMEN)

Deseño en Formación Ocupacional e Inserción Laboral é un libro que ofrece unha base teórica e conceptual sobre algúns dos conceptos máis relevantes dentro do que sería a formación profesional, tentando converterse nun referente para as persoas que, no seu ámbito laboral, teñan relación co deseño da formación para o traballo e coa inserción no mundo laboral. A súa organización concrétase en cinco capítulos. O primeiro aborda a formación para o traballo no contexto europeo a través dun percorrido polas organizacións que desenvolven a súa tarefa na formación profesional, así como nos programas de formación que, dende a Comunidade Europea, se levaron a cabo coa intención de desenvolver competencias profesionais. Dende as primeiras iniciativas ata as perspectivas para o ano 2013, faise unha análise detallada daquelas, facendo fincapé nos seus obxectivos e finalidades, así como nos recursos previstos para o seu desenvolvemento. No segundo capítulo a atención céntrase na formación profesional inicial con referencia aos niveis de cualificación, aos antecedentes e á situación actual. Dende unha concepción do sistema de formación profesional como un conxunto integrado por diferentes subsistemas interrelacionados e interdependentes que teñen como obxectivo a cualificación profesional, vólvese a vista atrás e faise un percorrido sobre como foi evolucionando o sistema educativo con relación ás ensinanzas profesionais dende a Lei xeral de educación do ano 1970 ata a situación máis actual derivada da Lei de educación do pasado ano 2006. Coa reforma destas ensinanzas, a formación para o traballo vai tomando un forte pulo e van organizándose distintos niveis acordes cos niveis de cualificación contemplados a nivel europeo. Os subsistemas de formación ocupacional e continua son obxecto do terceiro capítulo. Partindo da situación actual considerada no Acordo Profesional para o Emprego que marca como obxectivo a confluencia dos subsistemas de formación ocupacional e continua, faise unha análise das primeiras tentativas de integración da formación para o traballo. Xunto a isto, préstase especial atención ás iniciativas e aos programas actuais de formación e emprego e que se dirixen cara a un dobre obxectivo: mellorar as competencias profesionais e favorecer a inserción laboral. O cuarto capítulo aborda especificamente o deseño en formación ocupacional. Partindo da relación entre formación e emprego e na esixencia realizada dende a planificación de programas de formación da obriga de tomar as necesidades como punto de arranque de calquera proposta de deseño en formación, o eixe sobre o que se asenta este capítulo sitúase na análise de necesidades, adquirindo especial relevancia a conceptualización, tipos, modelos de avaliación e metodoloxía para a detección de necesidades. O quinto capítulo aborda un tema tan complexo como o da inserción laboral. Nel faise referencia a programas destinados a incrementar o autoemprego nunha dobre dimensión: económica e a nivel de xestión. Tamén se fai unha análise do Servizo Galego de Colocación, e da iniciativa Europass.

PACK AHORRO PREMIUM ADMINISTRATIVO (TURNO LIBRE) (CEP)

"- Ahorra 50€ con la compra de este pack- Incluye todos los manuales en formato papel- Suscripción de 6 meses al curso Premium online- Consulta tus dudas con un tutor especializado(Incluye Vol I, II y III, Test y Simulacros + Curso PREMIUM Online 6 meses)"

PACK AHORRO BASICO PROCEDIMIENTOS DE DIAGNOSTICO CLINICO Y ORTOPROTESI (CEP)

"- Con este pack ahorras 210 euros respecto a la compra individual de los productos- Incluye acceso durante 12 meses al curso Básico Online- Contiene todos los manuales completos de la colección en formato físico- Gran número de apoyos didácticos: esquemas, Test, resúmenes, Simulacros...- Comprueba tus conocimientos con los test online (Incluye Temario I, II y III + Curso BASICO Online)"