A vida de Francisco Fernández del Riego desenvolveuse na dicotomía home de acción-home de cultura. Contactou moi cedo co pensamento galeguista e iniciou, moi cedo tamén, o seu arduo labor como creador literario e ensaísta. A cantidade e a calidade do labor que ten impreso abrangue a literatura, a etnografía, a lingua, o pensamento, os libros de viaxes e outros aspectos da cultura, moitos deles de especial relevancia cando saíron do prelo.