Resultados de la búsqueda para: Agustín Fernández Paz





AMB ELS PEUS ENLAIRE (FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN)
A en Daniel, la feina en una oficina li resulta molt avorrida; la seva vida s ' ha tornat grisa. Per acabar-ho d ' adobar, en els moments més inesperats li passen coses inexplicables. Quin problema! Però, en descobrir que tot això és causat per una estranya facultat, decideix aprofitar-la i aleshores...

EL LABORATORIO DEL DOCTOR NOGUEIRA (FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN)
El doctor Nogueira es un científico millonario entregado a una noble causa: lograr la felicidad de toda la humanidad. ¡Nada más y nada menos! Y de todos es sabido que, a veces, la felicidad se consigue con cosas pequeñas. Rosa, su fiel secretaria, narra la crónica de todos los experimentos del doctor Nogueira, que, por cierto, no siempre salen bien...

MI NOMBRE ES SKYWALKER (LECTURA FÁCIL) (FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN)
Este libro está adaptado al sistema de Lectura Fácil: un modo de hacer la lectura accesible a diferentes tipos de necesidades específicas de aprendizaje. Enfrente de la casa de Raquel han abierto un gran supermercado. Muchas personas entran y salen de él todo el día, pero nadie hace caso al hombre que pide en la puerta. ¡Parece invisible! Pero Raquel descubre el secreto del hombre: su nombre es Skywalker, y viene de otro planeta.

O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR (FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN)
Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián... todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles ver a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata o que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, " na vida o único que queda é o amor " . E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.

A DAMA DA LUZ (FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN)
O avó de Marta garda un enigmático segredo na súa memoria. Un segredo que fala de seres estraños que habitaban na cidade cando era moi distinta, apenas había coches e a xente non vivía coas présas de hoxe, seres como a Dama da Luz ou o Home das Sombras, e de lugares misteriosos como a Casa do Outeiro ou a mítica illa de San Brandán. Un día, algo especial sucede. E entón Marta coñecerá por fin o sorprendente segredo que o seu avó gardaba, unha historia que a levará a descubrir todas as marabillas que a roda da vida nos ofrece. A dama da Luz é un fermoso álbum ideado e ilustrado por Jorge Magutis e escrito por Agustín Fernández Paz ambientado nun Vigo vello e mariñeiro, envolto nunha atmosfera de misterio, e protagonizado por toda clase de criaturas fantásticas e seres extraordinarios que no mar alto asisten a loita entre o Inverno e a Primavera.

UNHA LÚA NA FIESTRA (FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN)
Este libro está formado por cinco relatos que sorprenden polo seu carácter interactivo, pola súa perfecta adecuación ao traballo nas aulas e pola súa agradabilísima lectura. No conto que lle dá título ao libro a nena que o protagoniza recibe durante a noite de San Xoán a visita dunha nova e rara amiga. A máquina do tempo propón a reflexión sobre un futuro que está en mans dos lectores. En A sombra do dragón, Marta experimenta a opresión e o medo a través da inxustificada dureza dun profesor. Tareixa e a cama máxica introdúcenos nunha aventura na que se mesturan realidade e imaxinación. O rescate das palabras conta a rebelión dos rapaces de Vilabranca contra as ridículas ordes dun gobernador empeñado en prohibir o uso de calquera palabra que conteña a letra P.

PIRATEN ESKOLA (FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN)
Bat-batean, zarata lodi bat entzun zen. Hots isil, sakon eta luzea, euriaren burrunba ere estali zuena. Haurrek batak besteari begiratu zioten, harrituta, urduri...

A LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EN GALEGO (FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN)
A literatura infantil e xuvenil en galego ofrece unha visión sintética da producción literaria feita en Galicia para os lectores e lectoras máis novos. Agustín Fernández Paz achégase primeiramente ao contexto histórico e sociolingüístico e despois analiza a literatura infantil galega dividíndoa en tres grandes etapas. A primeira de 1960 a 1978, onde se valoran as primeiras edicións infantís e xuvenís. Na segunda de 1979 a 1988, a instauración da democracia e o inicio da andaina autonómica facilitarán o medre dunha demanda escolar de materiais didácticos e de libros infantís e suvenís para a práctica da lectura .en galego, así xorden novas editoras e aparecen coleccións específicas. A terceira etapa, que chega aos nosos días, permitirá a consolidación das coleccións autóctonas, a traducción ao galego de obras da literatura infantil e xuvenil universal e a multiplicación das obras en galego promovidas por editoras de todo o estado. Verifícase ademais a crecente proxección externa dos libros infantís e xuvenís galegos, a ampliación de xéneros, a relevancia cada vez maior dos ilustradores e a consolidación, en definitiva, dun tecido editorial, cultural, asociativo e institucional ao redor da literatura infantil e xuvenil.