Resultados de la búsqueda para: Antonio Fraguas Fraguas





CANTA, MIÑA PEDRA, CANTA. HOMENAXE A ANTONIO FRAGUAS (CURIEL, XOÁN)
Xoán Curiel nos propón unha viaxe polo universo de Antonio Fraguas, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019,. Un percorrido pola tradición popular recollida en Castigueiro de Cotobade e tamén con letras creadas para que os nenos e nenas coñezan o mestre galeguista.

ROMARÍAS E SANTUARIOS (FRAGUAS, ANTONIO)
Do autor do Día das Letras Galegas de 2019 Antonio Fraguas, gran coñecedor da cultura popular galega, presenta un amplo traballo sobre as romarías e os santuarios máis significativos de Galicia, co estudo das orixes e das características de cada unha, e a descrición detallada dos correspondentes templos. Un percorrido histórico e unha guía útil para o coñecemento dunha parte importante do noso patrimonio espiritual.

ANTONIO FRAGUAS. MESTRE DA MEMORIA (VILLANUEVA GESTEIRA, MALORES)
Profesor, Etnógrafo, Xeógrafo, Historiador e Galeguista. Antonio Fraguas foi un notario de realidade, un coñecedor do seu pobo e un investigador incansable da cultura de Galicia. O seu paso polo Seminario de Estudos Galegos, polas Irmandades da Fala o polo Partido Galeguista asentaron nel o ideario político, mais, sen dúbida, foron as súas reíces profundas de estirpe labrega as que máis o marcaron. Malores Villanueva achéganos nesta biografía a vida e a obra de antonio Fraguas cun estilo áxil, nun relato ateigado de anécdotas que non renuncia ao rigor documental. A súa lectura é unha viaxe polo século XX da man do persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2019. O seu labor investigador, a súa entrega á docencia, as súas facetas de primeiro locutor de radio ou de director do Museo do Pobo Galego, incluso a súa incursión cinematográfica, son algunhas páxinas. Velaquí o retrato de que coa súa palabra e a súa obra traballou ?sempre por e para Galicia?.

CANTIGUEIRO DE COTOBADE (FRAGUAS, ANTONIO)
Do autor do día das Letras Galegas de 2019 Publicado por vez primera en 1985, coincidindo coa entrega do Premio Trasalba, da Fundación Otero Pedrayo, esta compilación iniciouno Antonio Fraguas nos seus tempos de estudante en Pontevedra. Nas súas propias palabras, este ?traballo non é máis que unha contribución ao cancioneiro galego. As cantigas son vellas manifestacións dun mundo desaparecido, transformado [?]. A cántiga ten a súa vida en toda Galicia, a terra onde, sen lugar a dúbidas, se cantou máis?. Oradaladou pon a música a trece cantigas recollidas noutros tantos lugares da comarca de Cotobade, terra natal de Antonio Fraguas.

ROMERÍAS Y SANTUARIOS DE GALICIA (FRAGUAS, ANTONIO)
As romarías como exemplo dunha fe antiga, con frecuencia entrecuzada con vellos elementos paganos, froito quizais da cristianización de lugares de culto anteriores. Ademais do seu significado relixioso, as romerías teñen tamén unha significación profana, expresada a través das comidas e os bailes, que non faltaban neste tipo de celebracións. Tradición e misterio. A fascinación dos antigos ritos, alguns dos que se remontan á memoria dos tempos. Galicia é o país das mil romarías. Santuarios de milenaria devoción. Antonio Fraguas, estudioso da cultura tradicional, convidanos a viaxar por un mundo cheo de sorpresas.

COÑECENDO A ANTONIO FRAGUAS. . ROTEIROS LITERARIOS (VV.AA.)
Este volume pretende achegar a figura de Antonio Fraguas a calquera persoa interesada nel, de forma dinámica e buscando integrar, de xeito sinxelo, a súa vida e obra. Nel atoparedes unha proposta para realizar distintos roteiros literarios polas cidades e lugares que marcaron a vida de Antonio Fraguas combinando paradas en puntos clave con datos biográficos, anécdotas e textos literarios. Nas últimas páxinas, incluímos unha proposta de actividades para realizar con nenos/as de infantil ata bacharelato ao redor deste senlleiro escritor cotobadense.

EL DERECHO DE ACCESO A LA RADIOTELEVISIÓN PÚBLICA . (EL ACCESO DEL ART. 20.3. DE LA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA) (MONTORO FRAGUAS, ANTONIO)
El acceso a los medios p£blicos de comunicaci¢n constituye gen‚ricamente una forma de procurar la participaci¢n, directa o indirectamente, de lso sujetos pasivos del proceso comunicativo en la explotci¢n, en la gesti¢n y, en su sentido m s propio y genuino, en la programaci¢n de estos medios. Los actores pasivos del proceso cambian su posici¢n , mediante la materializaci¢n del acceso, convirti‚ndose ocasionalmente en sujetos activos de forma directa o influyendo sobre ellos por su efecto participativo, de manera que se ampl¡a el abanico de ideas y opiniones en el foro p£blico de discusi¢n y se incrementa la pluralidad comunicacional, tanto activa como pasiva.

PATOLOGÍA QUIRÚRGICA GENERAL (RODRÍGUEZ MONTES, JOSÉ ANTONIO / NOGUERALES FRAGUAS, FERNANDO)
Los nuevos planes de estudio adaptados a EEES incluyen una nueva asignatura denominada Fundamentos y Procedimientos Quirúrgicos orientada al aprendizaje de los problemas más genéricos que afectan a la patología quirúrgica. El objeto de esta obra no es otro que servir de guía y ayuda a los estudiantes de medicina que tienen que afrontar los nuevos retos que que suponen los nuevos planes de estudio. El texto, de extensión limitada, pretende adecuarse a la comprensión de los estudiantes haciendo hincapié en las bases fisiológicas y fisiopatológicas de los distintos procesos.